O Programa Colectivo de Acción Climática e Descarbonización, PROALIS CARBON, é unha iniciativa para impulsar a acción climática e a transformación sostible do sector alimentario galego.
O Clúster Alimentario de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e sendo Vegalsa-Eroski empresa tractora, impulsan este programa como parte do seu compromiso coa sustentabilidade do sector alimentario galego. Esta iniciativa inscríbese no marco da Alianza Galega polo Clima, contribuíndo activamente aos obxectivos comúns para acadar a Neutralidade Climática de Galicia antes de 2050. Este programa pretende ofrecer ás empresas coñecementos clave, ferramentas prácticas e acompañamento experto para avanzar cara a modelos produtivos máis sostibles, eficientes e resilientes fronte ao cambio climático.
PROALIS CARBON acaba de abrir o seu prazo de inscrición.
PROALIS CARBON, busca situar o sector alimentario galego como referente en sustentabilidade ambiental e líder na descarbonización, con un programa que poida ser escalable e replicable en outros sectores, combinando competitividade, calidade e seguridade alimentaria cun firme compromiso non só coa saúde e a calidade, senón tamén co medio ambiente, co clima e co coidado das vindeiras xeracións.
Para acadar ese obxectivo, o programa divídese en 4 etapas:
Dirixido a empresas do sector alimentario que desexen participar no programa e obter unha diagnose da súa situación actual en materia de sustentabilidade e descarbonización. A participación contribuirá a visibilizar a realidade do sector alimentario en Galicia e permitirá avanzar na formación e sensibilización dos equipos das empresas.
Obradoiros prácticos presenciais cunha duración de 4 horas, que permitirán adquirir coñecementos relevantes en materia de sustentabilidade e cambio climático. Enfocado a empresas de calquera tamaño do sector alimentario, con ou sen experiencia previa en sustentabilidade e descarbonización. As datas dos obradoiros serán:
As empresas recibirán acompañamento de 25-30 horas por proxecto por parte de persoas expertas en sustentabilidade, gobernanza climática, cálculo da pegada de carbono e medidas para a descarbonización e a adaptación ao cambio climático.
Esta fase final centrarase na avaliación dos resultados obtidos ao longo do programa. Realizarase un balance dos logros acadados por cada empresa participante, analizando os avances en sustentabilidade, gobernanza climática e medidas de descarbonización implementadas.
As empresas interesadas poden optar a dous tipos de apoio a través desta convocatoria.
As solicitudes poderanse presentar a través do formulario en liña ata o 5 de setembro de 2025, data na que rematará o proceso de selección. A participación é completamente gratuíta para as empresas seleccionadas.









