Obxecto da axuda
Programa Investigo para a contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
Organismo convocante
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Beneficiarios
- Universidades públicas e privadas radicadas en Galicia con actividade en I+D+i.
- Centros e institucións sanitarias públicos e privados sen ánimo de lucro radicadas en Galicia que desenvolvan actividades de I+D+i.
- Centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma, outros organismos públicos e Centros de I+D+i que teñan como actividade principal a I+D+i.
- Empresas pertencentes ao sector público autonómico que estean a investir na realización de iniciativas de I+D+i.
- Empresas cualificadas como IEBT e outras empresas do sector privado radicadas en Galicia que estean a investir na realización de iniciativas de I+D+i.
- Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica situados en Galicia
- Centros privados de I+D+i sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia que teñan como actividade principal a I+D+i.
Requisitos das persoas a contratar
- Persoas mozas de 16 ou máis anos e que non fixesen os 30 e que se atopen desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no servizo público de emprego.
- Dispoñer de estudos específicos relacionados coa materia a desenvolver.
- A valoración deberá realizarse mediante o uso de currículo cego garantindo o principio de non discriminación por ningunha razón.
- Que cumpran os requisitos esixidos pola modalidade de contrato a formalizar.
- Máximo de contratos subvencionables por entidade:
- Universidades públicas e privadas: 11 contratos (Obrigatorio mínimo 20% relacionados con economía circular e/ou emprego verde).
- Centros e institucións de I+D+i: 6 contratos (Obrigatorio mínimo 30% relacionados con economía circular e/ou emprego verde).
- Empresas: 25 contratos (Obrigatorio mínimo 50% relacionados con economía circular e/ou emprego verde).
Actividades elixibles
As actividades de investigación e innovación que realice o persoal contratado deberán desenvolverse en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia referidas a transición ecolóxica, a economía verde (enerxías renovables, eficiencia enerxética, tratamento de augas e de residuos e industria agroalimentaria), e dixitalización de servizos, enxeñaría de datos e data science, así como outras tarefas encadradas no marco da Estratexia de especialización intelixente RIS3 2021-2027. Ademais poderán desenvolverse en ocupacións referidas a sanidade e investigación.
- Non se poderán contratar persoas mozas que desempeñasen calquera tipo de posto de investigación no prazo de 6 meses inmediatamente anteriores á data da solicitude na mesma entidade, organismo, centro ou empresa ou grupo de empresas.
- Tampouco se poderán contratar as persoas mozas cuxos contratos foron subvencionados ao abeiro do Programa Investigo 2022.
Gastos elixibles
As subvencións para a contratación destinaranse ao financiamento dos custos laborais e salariais, incluíndo os gastos de cotización por todos os conceptos á Seguridade Social das persoas mozas contratadas.
O período subvencionado será de 12 meses, e xornada laboral a tempo completo mesmo cando o contrato formalizado teña unha duración superior.
Tipo, contía, intensidade da axuda e xustificación
- Tipo de axuda: Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva
- Contía: a contía máxima da subvención por persoa contratada e ano:
- Módulo A (Grupos de cotización á Seguridade Social 9 a 5): 22.405,92 euros
- Módulo B (Grupos de cotización á Seguridade Social 4 a 1): 33.108,84 euros
- Intensidade de axuda: Pagamento, con carácter anticipado, do 100% da axuda
- Xustificación: realizarase no prazo de dous meses tralo remate dos contratos, incluíndo unha memoria de actuación coas actividades realizadas
Presentación de solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 2/02/2023 a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.