Convocatoria | Servizo de apoio á dinamización de proxectos innovadores no marco de INNPULSA FOOD

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) convoca a contratación dun servizo especializado de apoio á dinamización e consolidación de proxectos innovadores no marco da plataforma INNPULSA FOOD, co obxectivo de fomentar a colaboración empresarial e facilitar o acceso a fondos de I+D+i e dixitalización.

Obxecto do contrato

O servizo terá como finalidade deseñar, executar e seguir as actividades de dinamización de proxectos innovadores, incluíndo:

  • Elaboración de alertas e mantemento dunha base de datos de convocatorias de financiamento.
  • Organización de cinco talleres prácticos con dinámicas de networking.
  • Acompañamento individualizado aos proxectos xerados nos talleres.
  • Elaboración de guías de apoio para a xestión de proxectos.
  • Seguimento e avaliación mediante informes periódicos e finais.

Prazo e orzamento

O contrato terá vixencia desde a sinatura ata o 30 de setembro de 2026 e o orzamento destinado ao servizo é de 31.059,29 € + IVE.

Criterios de selección

A adxudicación realizarase en función de:

  1. Calidade e adecuación da proposta técnica (máx. 50 puntos).
  2. Experiencia e perfil do equipo de traballo (máx. 35 puntos).
  3. Propostas de valor engadido (máx. 15 puntos).

Documentación e presentación de ofertas

Os interesados deberán enviar:

  • Documento de oferta técnica con proposta de traballo e equipo asignado.
  • Informe de experiencia previa.

As ofertas deberán remitirse a info@clusaga.org ata o 5 de novembro de 2025 ás 23:59h.

Event Schedule Details

  • 5 Novembro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp