Convocatoria | Servizo de apoio ás accións de comunicación e difusión no marco dos programas de axuda do IGAPE ás AEI

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) convoca a contratación dun servizo de apoio ás accións de comunicación e difusión no marco dos programas de axuda do IGAPE ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI).

Obxecto do contrato

Contratación dun servizo profesional para o deseño, desenvolvemento, execución e avaliación das accións de comunicación e difusión vinculadas aos proxectos financiados polo IGAPE, incluíndo xornadas sectoriais (Food Insight), creación de catálogos de provedores (FoodValue Galicia), campañas de sensibilización (Proalis+), foros temáticos (GreenValue4Food) e proxectos educativos (Food Talent+).

Prazo e orzamento

O contrato terá unha duración ata o 30 de setembro de 2026, cun orzamento máximo de 34.437,68 € + IVE. A facturación poderá realizarse de forma trimestral segundo o calendario de actividades e o avance dos proxectos.

Criterios de selección

A adxudicación realizarase en función da calidade da proposta técnica, experiencia e perfil do equipo e propostas de valor engadido, cunha puntuación máxima de 100 puntos (50 puntos para a calidade técnica, 35 para a experiencia do equipo e 15 para propostas de valor engadido). Non se valorarán ofertas económicas á baixa.

Documentación e presentación de ofertas

As ofertas deberán incluír unha proposta técnica detallada, cronograma de execución, equipo asignado, propostas creativas ou de valor engadido, plan de avaliación e indicadores, cuantificación económica desagregada, currículos e referencias de proxectos similares. As ofertas deberán enviarse a info@clusaga.org ata o 14 de novembro de 2025 ás 14:00h.

Event Schedule Details

  • 14 Novembro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp