A Business Factory Food (BFFood) é a aceleradora do sector alimentario de Galicia, impulsada pola Xunta de Galicia e implementada e xestionada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). BFFood ten como obxectivo atraer e impulsar proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, para afrontar os retos do sector alimentario nun entorno global.
No marco do convenio para a continuidade da BFFood, Clusaga convoca a contratación de servizos de difusión e organización de eventos do programa BFFood, garantindo unha comunicación eficaz, coherente e aliñada coa estratexia de comunicación, incluíndo xestión de redes sociais, xestión de contidos dixitais e apoio integral na organización de eventos.
O servizo estrutúrase en dous bloques:
BLOQUE I. XESTIÓN DE CONTIDOS, DIFUSIÓN E COMUNICACIÓN
BLOQUE II. XESTIÓN DE EVENTOS, DIFUSIÓN E COMUNICACIÓN
O contrato terá vixencia desde a firma ata o 30/10/2026, con renovación automática anual ata o 30/10/2027 salvo comunicación en contrario con 15 días de antelación.
A facturación realizarase sobre a base dos traballos efectivamente realizados, vinculando cada pagamento á verificación do cumprimento dos fitos e actividades definidos no contrato, mediante informes técnicos e económicos. A facturación prevéase trimestral, axustándose os prazos concretos ao calendario de execución acordado.
1. Oferta económica – 15 puntos: valoración do detalle, coherencia e axuste do orzamento por período e conceptos.
2. Experiencia en servizos similares – 20 puntos: valoración da experiencia dos últimos cinco anos en comunicación corporativa, dixital e organización de eventos.
3. Calidade e nivel de detalle da oferta técnica – 40 puntos: valoración de metodoloxía, plan de traballo, planificación de contidos, coordinación, avaliación de resultados e creatividade.
4. Calidade do equipo profesional asignado – 15 puntos: adecuación, experiencia e definición de roles do equipo.
5. Propostas de mellora – 10 puntos: incorporación de accións adicionais, optimización de estratexia, visibilidade e recursos complementarios.
As ofertas deberán incluír:
As ofertas deberán enviarse a info@bffood.gal ata o 14/11/2025 ás 14:00 h.









