Convocatoria | Servizos de apoio á innovación para pemes alimentarias (proxecto Hub4Food)

Clusaga oferta unha serie de servizos de apoio á innovación, así como á sustentabilidade e competitividade, dirixidos a pemes alimentarias e subvencionados a través do proxecto europeo Hub4Food.

Servizos ofertados actualmente

A partir do 1 de outubro Clusaga abre unha convocatoria para que pemes alimentarias galegas poidan manifestar o seu interese en recibir algún dos servizos ofertados:

  • Informes á carta sobre tendencias en innovación de produtos: Informe individualizado por empresa baseado en datos que supervisan as tendencias mundiais e rexionais de lanzamento de produtos alimentarios (a partir dunha base de datos internacional) para apoiar a toma de decisións estratéxicas en innovación, marketing e desenvolvemento de novos produtos.
  • Cálculo da pegada de carbono de produtos alimentarios: Servizo para axudar ás pemes alimentarias a calcular a pegada de carbono dos seus produtos, desde o abastecemento de materias primas ata a produción, a distribución e envasado.
  • Formación e asesoramento na empresa sobre metodoloxías de innovación: Programa de formación e coaching a medida deseñado para axudar ás empresas alimentarias a implantar metodoloxías áxiles no desenvolvemento de produtos, a optimización de procesos e o traballo en equipo interfuncional para mellorar a axilidade, a eficacia e a innovación

Estes servicios están dirixidos exclusivamente a pemes.

Ao longo do 2026 ofreceranse ás empresas outros servizos dentro dos dispoñibles no catálogo de servizos de Hub4Food.

Presentación de solicitudes de servicio

Para solicitar cada un dos servizos a empresa debe rechear este formulario de manifestación de interese.

Servicio de “Informes á carta sobre tendencias en innovación de produtos”

  1. Recepción de solicitudes ata decembro.
  2. Seleccionaranse 2 empresas para recibir o servizo.
  3. Volverase abrir convocatoria para manifestación de interese en xaneiro de 2026 e xuño de 2026.

Servicio de “Cálculo da pegada de carbono de produtos alimentarios”

  1. Recepción de solicitudes ata decembro.
  2. Seleccionaranse 6 empresas para recibir o servizo.

Servizo de “Formación e asesoramento na empresa sobre metodoloxías de innovación”

  1. Recepción de solicitudes ata decembro.
  2. Seleccionaranse 6 empresas para recibir o servizo.

Estes servizos ofrécense de forma gratuíta para as empresas seleccionadas (subvencionados por Hub4Food).

Hub4Food, un proxecto para potenciar a industria alimentaria atlántica

O proxecto Hub4Food (Atlantic Food Innovation Hub), coordinado por Clusaga, busca ser un polo de innovación para o sector agroalimentario atlántico. Reúne a clústeres e redes agroalimentarias (BIA Innovator Campus, Clusaga, EIT Food South, InovCluster e Valorial) e centros tecnolóxicos (ANFACO-CYTMA, CATAA, LEMPA, MARE-IPLeiria, PRAXENS e Teagasc) de Francia, Irlanda, Portugal e España.

A través das súas actividades, Hub4Food contribúe a mellorar as capacidades de innovación e as conexións do ecosistema da industria alimentaria atlántica. Tamén fomenta o desenvolvemento de produtos alimentarios novos e mellorados (especialmente os de orixe mariña).

Hub4Food inclúe a creación da Business Innovation Facility (BIF), rede virtual de puntos de contacto rexionais/nacionais que apoian a innovación e competitividade das pemes alimentarias a través dun catálogo de servizos.

Hub4Food está co-financiado polo programa Interreg Atlantic Area 2021-2027.

Event Schedule Details

  • 2025
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp