A Axencia Galega de Innovación convoca axudas do Programa Talento Sénior dirixidas ás empresas e organismos de investigación non universitarios en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo de 3 anos de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia. Este programa ten entre os seus obxectivos a atracción e retorno de investigadores doutores ou profesionais de alta cualificación con máis de 5 anos de experiencia profesional para desenvolver a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación, así como estimular a demanda no sector público e privado de profesionais de alta cualificación para acometer proxectos de I+D+i.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a)As empresas, de calquera tamaño, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
b)Os organismos de investigación públicos non universitarios ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i.
Contía das axudas e concorrencia
·Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
·Tipo de axuda: Subvención
·Incentivo: 10 entre el 40% hasta el 60% da contratación en función da retribución bruta do persoal de alta cualificación por cada contrato indefinido ou temporal de duración igual ou superior de 3 anos. Cada entidade poderá solicitar a axuda para ata un máximo de 2 contratos, tendo en conta que a primeira contratación concederanse por orde de puntuación de acordo cos criterios de valoración
·Orzamento total: 960.000 €
Presentación das solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos: https://sede.xunta.gal.
O prazo de presentación finaliza o 05/06/2020.