O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) convoca por oitavo ano consecutivo os Premios Galicia Alimentación, que teñen como obxectivo recoñecer e visibilizar as accións do sector con impacto nalgunha destas áreas: emprendimiento, dixitalización, innovación, sustentabilidade, mercadotecnia e internacionalización.
O prazo de presentación de solicitudes, que deben realizarse a través da web de Clusaga, termina o 31 de maio de 2022 ás 14.00 horas.
As catro modalidades na que se distribúen os Premios Galicia Alimentación son: produto innovador, produto excelente, proxecto empresarial ou institucional e estratexia de mercado.
Poderán participar nos Premios Galicia Alimentación 2022 persoas físicas, autónomos, micro, medianas e grandes empresas que teñan sede social, centros produtivos ou que exerzan a súa actividade comercial ou transformadora en Galicia, así como institucións galegas ou situadas fóra do territorio que desenvolvesen actividades en favor dos produtos alimentarios galegos, tendo esta orixe ou transformación en Galicia ou na frota pesqueira dunha empresa galega.
Para presentar a candidatura debe cumprimentarse o documento correspondente a cada categoría, asinarse e achegarse en formato pdf a través do formulario online, que figura nesta páxina.
Unha mesma entidade pode presentar candidaturas ás diferentes categorías, así como presentar máis dun produto ao Premio Galicia Alimentación ao produto innovador e ao produto excelente. Doutra banda, os premiados en edicións anteriores poden presentar candidatura novamente na mesma categoría que resultaron gañadores ou en calquera outra.
No que respecta ao prazo de presentación de candidaturas, este finaliza o 31 de maio de 2022 ás 14.00 horas.
Os gañadores daranse a coñecer o 29 de xuño de 2022 no evento anual Foro e Premios Galicia Alimentación organizado por Clusaga.
Os premios consisten nunha escultura acreditativa entregada por profesionais de referencia vinculados ao sector da alimentación. Ademais, se o galardoado na categoría de proxecto empresarial ou institucional fose unha entidade de nova creación, cunha antigüidade menor a cinco anos, beneficiarase da pertenza como socio a Clusaga durante un ano.
A VII edición dos Premios Galicia Alimentación contan co apoio institucional da Xunta de Galicia, e o patrocinio ouro de Caixa Rural Galega, Gadis e Vegalsa Eroski.
Para obter máis información, pódese contactar con Clusaga a través do correo electrónico comunicacion@clusaga.org ou do teléfono 981 556 062.