Demo Day | Innovación e solucións que transforman o sector alimentario galego

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga)  organiza o vindeiro 16 de abril de 2026 , a partir das 11.00 horas , a xornada “Demo Day: Innovación e solucións que transforman o sector alimentario galego”. O encontro terá lugar na Sala de eventos do Edificio Fontán, situada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Proxectos de I+D+i empresarial de alto impacto

Esta xornada nace co obxectivo de evidenciar o esforzo innovador e a aposta polas novas tecnoloxías das empresas do sector. Nun contexto onde a competitividade depende da xeración de novas solucións, o sector alimentario galego aposta fortemente polo I+D+i como ferramenta clave para a xeración de novas oportunidades de mellora dos seus procesos.

Durante o evento, presentaranse iniciativas dinamizadas por Clusaga que integran tecnoloxías disruptivas como a Intelixencia Artificial, a biotecnoloxía e solucións de sustentabilidade. Estes proxectos desenvólvense no marco de diversas convocatorias de apoio á innovación, como Nexos (GAIN), Misións de Especialización Intelixente de Galicia (IGAPE e GAIN) e IGAPE Innova.

Programa: da predición por IA á economía circular

O evento dividirase en dous bloques temáticos onde se darán a coñecer casos de éxito e solucións aplicadas:

  • Bloque 1 – Iniciativas empresariais innovadoras no eido da convocatoria NEXOS 2025 : Presentaranse proxectos como FOODMICROBIA (control de riscos mediante IA en Coesco Deza) , CIVITAS (circularidade integral en viñedo con Viña Costeira) , TRANET (transporte de enerxía térmica en Energio Research, GATEtoSUST e LACTEUS (biotecnoloxía láctea con Queizuar).

  • Bloque 2 – Solucións innovadoras do ecosistema empresarial : Espazo dedicado á innovación aplicada na industria láctea (LAZTEO) , o desenvolvemento dunha tecnoloxía edge-cloud en IA en contornos industriais (EDGE) e o uso de avatares interactivos para preservar historias de vida (LEGEND).

Tras as presentacións, a xornada finalizará cun cóctel networking ás 13:40 horas , deseñado para fomentar a transferencia de coñecemento, o intercambio de experiencias e a creación de sinerxías entre os asistentes e as empresas do sector.

Inscrición e contacto

A asistencia ao evento é de balde, pero require de inscrición previa a través do formulario dispoñible no enlace inferior. Para máis información, pode contactar co departamento de I+D+i de Clusaga no correo bdm@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Event Schedule Details

  • 16 Abril 2026

Edificio Fontán, Cidade da Cultura
Santiago de Compostela

Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp