Demoday. “A dixitalización e industria 4.0 na transformación da industria alimentaria”. Proxectos de transformación dixital e aplicación de novas tecnologías de Clusaga

O programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEIs), promovido polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR), ten por obxecto mellorar a competitividade das pemes mediante estratexias de innovación e competitividade empresarial desenvolvidasdas por parte das AEIs. Para isto, financia iniciativas de dixitalización e industria 4.0, favorecendo a transformación dixital da industria alimentaria.

Nos últimos dous anos, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), promoveu máis de 10 proxectos colaborativos no marco deste programa de apoio do MINCOTUR. Trátase de iniciativas de investigación, desenvolvemento e innovación, que permitiron acelerar a transformación dixital das máis de 30 empresas asociadas a Clusaga beneficiarias destas iniciativas.

Para dar visibilidade a estes proxectos de transformación dixital e aplicación de novas tecnoloxías, Clusaga organiza un demoday o próximo 1 de decembro, de 9.30 a 14.00 horas, no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela). No evento daranse a coñecer estas iniciativas da man das empresas participantes nas mesmas e facilitarase un espazo para o networking, permitindo establecer novas colaboracións.

Este evento organízase no marco do Grupo de Traballo 2 da Comisión de Innovación e I+D de Clusaga, “Novos modelos de produción e comercialización. Innovación en procesos e tecnoloxías. Dixitalización”, cuxo obxectivo é facilitar que os seus participantes establezan ideas de proxectos colaborativos e innovadores neste ámbito.

Programa do demoday

O programa está dividido en catro sesións. As dúas primeiras, “Xestión de datos e intelixencia artificial na cadea de valor láctea” e “Industria 4. 0 para asegurar a calidade e trazabilidade de produtos finais e materias primas”, servirán para coñecer en profundidade proxectos diversos, alguns deles xa finalizados e outros en proceso de desenvolvemento: ML4Milk, MILKTELLIGENCE e Smart4Cheese no primeiro caso; e HSI-FOOD, PHOTONICS4BAKERY, MUSSELBLOCK e FoodTechINK no segundo.

As dúas últimas sesións, referidas aos proxectos “ENOTECH 4.0. Solucións de sensórica, visión artificial e big data para o sector vitivinícola” e “YIELDCAN 5.0. Procesado masivo de datos en optimización de procesos produtivos, sustentabilidade e calidade do produto en conservas de pescado”, terán lugar simultaneamente e en paralelo, de modo que as persoas asistentes ao evento deberán elixir a cal desexan asistir no momento de inscribirse. A particularidade destas dúas sesións é que nelas presentarase en primicia os resultados obtidos por estes dous proxectos, cuxa clausura terá lugar en decembro.

Ademais destas catro sesións, e para favorecer o networking de modo que o encontro sirva de contexto para que xordan novas colaboracións, este demoday inclúe un espazo de demos de solucións tecnolóxicas, ademais dun café e unha comida networking para todas as persoas asistentes ao evento.

Inscrición

As persoas interesadas en asistir ao demoday deben inscribirse no formulario que aparece a continuación antes do 30 de novembro ás 15.30 horas. Do mesmo modo, a través do formulario deben escoller a cal das dúas presentacións de resultados de proxectos desexan asistir: ENOTECH 4.0 o YIELDCAN 5.0. Para máis información, pode consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no correo info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Detalles da programación de eventos

  • 1 Decembro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario