O Demo Day de Business Factory Food volve o 29 de novembro para dar visibilidade aos proxectos da V e VI edición, no Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, cunha xornada que reunirá startups, mentores de empresas consolidadas e investidores para promover o crecemento e a transformación do sector.
A xornada estará estruturada en bloques temáticos que inclúen presentacións de proxectos innovadores de emprendemento, mesas redondas e sesións de networking, creando un espazo propicio para o intercambio de coñecementos e a creación de novas sinerxías.
Durante o evento, as startups participantes presentarán as súas solucións innovadoras en tres roldas de “pitch”. A primeira centrarase naqueles proxectos con solucións para a dixitalización e a automatización, a segunda en solucións para mellorar a sustentabilidade e a terceira no desenvolvemento de novos produtos alimentarios.
A primeira das sesións correrá a cargo de Jaime Martín, Fundador e CEO de Lantern Consulting, que presentará aos asistentes as principais tendencias de futuro en innovación alimentaria, especialmente en relación ás oportunidades de colaboración entre empresas alimentarias e startups innovadoras.
Unha das principais actividades será un panel na que dúas startups da V e VI edición (Dairypet e Salmoira) comentarán xunto cos seus mentores de empresas alimentarias tractoras (CAPSA e Nueva Pescanova) comentarán as claves para establecer colaboracións exitosas entre startups e empresas alimentarias. . Ademais, nun segundo panel, tres fondos de investimento (Encomenda Capital, Noso Capital e theFoodTechLab) analizarán as oportunidades de investimento no sector alimentario e foodtech.
O evento concluirá cun premio ao mellor proxecto emprendedor e un espazo de networking e reunións B2B, onde os asistentes poderán conectar e explorar posibles colaboracións estratéxicas..