Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada poa Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e empresas de referencia na industria, organiza o vindeiro 2 de frebreiro ás 9.30 horas o demo day da III Edición do seu programa de aceleración e consolidación.
Fernando Guldrís, director xeral do Igape, será o encargado de dar a benvida á xornada. A continuación, 10 startups que formaron parte desta III Edición presentarán os seus proxectos e o progreso acadado durante o seu paso por BFFood. Farano en dous bloques divididos por un coffee networking e, despois do elevator pitch de cada un deles, abrirase un turno de preguntas no que os asistentes poderán participar.
Tamén intervirá no evento Javier A. Osuna, responsable de BFFood. Do mesmo modo, este demo day contará coa participación de inversores e actores do sector tecnolóxico, alimentario e do emprendemento.
O peche da xornada correrá a cargo de Juanjo De la Cerda, presidente de Clusaga, e Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través do formulario que aparece a continuación.