Desafía FoodTech 2022 – Programa de inmersión en Países Baixos

O programa Desafía FoodTech 2022 de ICEX España consiste nunha inmersión de dúas semanas en Países Baixos onde, da man dunha axencia especializada, realizaranse actividades de networking, workshops, visitas a empresas, e innovación en procedimientos de trabajo, entre outras. Todo isto estará orientado a facilitar o contacto cos principais axentes e empresas do ecosistema FoodTech dos Países Baixos.

Este destino foi escollido por ser o maior exportador de Europa de produtos agroalimentarios, cun ecosistema moi favorable para o emprendemento que propicia o nacemento de startups tecnolóxicas grazas ao apoio financeiro de distintas aceleradoras. Ademais, conta cunha crecente industria en desenvolvemento de produtos alternativos no sector da alimentación, e os holandeses son líderes en competitividade e innovación na produción de alimentos da UE, contando con centros de coñecemento de referencia e empresas alimentarias líderes.

Na xornada do 18 de febreiro presentaranse todas as claves do programa e prestarase asesoramiento individualizado para participar no mesmo. Ademais facilitarse información sobre programas ponte, coma a aceleradora do sector alimentario galego Business Factory Food, que impulsa a Xunta de Galicia e que dinamiza o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).

Na presentación do programa participarán Remco Temmink e Maurice Booij da empresa de venture capital e consultoría UNKNOWN.

Para participar na actividade do día 18, que será gratuita, é necesaria inscrición previa a través do enderezo info@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 18 Febreiro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario