O programa Desafía Países Baixos 2023 de ICEX España Exportación e Inversiones inclúe inmersión e acompañamento dirixido ao sector FoodTech, co obxectivo de mellorar a súa escalabilidade e crecemento. A iniciativa inclúe actividades de networking, workshops, visitas a empresas e innovación en procedementos de traballo, entre outras. Todo isto está orientado a facilitar o contacto cos principais axentes e empresas do ecosistema Foodtech de Países Baixos. Esta actividade inclúese dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea mediante o Fondo NextGeneration EU.
Neste contexto, ICEX España, coa colaboración do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), organiza un encontro con empresas e principais axentes do ecosistema Foodtech español para dar a coñecer de primeira man este programa. O evento terá lugar o 17 de febreiro no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela), a partir das 9.30 horas.
Na xuntanza presentaranse todas as claves do programa e prestarase asesoramento individualizado para participar no mesmo. Ademáis, ofreceranse entrevistas individuais coa axencia especializada que levará a cabo o programa de inmersión en Países Baixos, UNKNOWN, a aquelas empresas que o soliciten.
Para participar na actividade do día 17, gratuíta e de aforo limitado, é necesaria inscrición previa a través do seguinte formulario ou ben enviar un correo manifestando interese a comunicacion@clusaga.org.