Obxecto da axuda
Financiamento de actividades de deseño para a mellora das capacidades de innovación e sostibilidade das empresas en Galicia, a través do impulso da xestión do deseño estratéxico de produtos, servizos, marcas e identidades corporativas.
Organismo convocante
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN (GAIN)
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda. Este ano, as empresas TIC e as entidades sen ánimo de lucro tamén poderán ser beneficiarias.
Será requisito necesario presentar diversas actividades de difusión para chegar mellor á sociedade e servir de exemplo a outras PEMES. Ampliaremos información á medida que se coñezan máis detalles.
Quedan excluídas as PEMES que xa resultasen beneficiarias dunha axuda do programa DeseñaPeme.
Actividades elixibles
Proxectos Subvencionables
- O Proxecto de Deseño para a Innovación e Sostibilidade deberá reunir, como mínimo, as seguintes características:
- Introduciranse un conxunto de actividades que constituían un conxunto completo e homoxéneo de fases que permita implementar ou incrementar as capacidades de deseño da empresa solicitante.
- As fases, coas súas actividades correspondentes, incluídas no Proxecto de Deseño para a Innovación e Sostibilidade, deben implicar o desenvolvemento das opcións desglosadas.
- Deberá estar alineado con algunha das prioridades da RIS3 para Galicia (Listado completo máis adiante).
- A súa duración mínima será de seis meses para un proxecto de deseño de marca e identidade corporativa e dun ano para os deseños de produto e deseño de servizos e experiencias. A data máxima estenderase ata o 30 de setembro de 2023.
Deseño de Produto
Concepción e desenvolvemento de produtos, que se perciban no mercado como novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial. Os proxectos que se presenten nesta liña deberán expoñer o deseño ou redeseño dun único produto ou dunha única gama concreta de produto.
Para isto, as actividades subvencionables de cada unha das fases do proxecto de deseño deberán incluír:
Fase I: Análise, estratexia e conceptualización
Esta fase ten como obxectivo a análise do contexto do proxecto, a definición de chaves para o deseño e a materialización de solucións en forma de conceptos visuais. Esta fase deberá comprender como mínimo as seguintes actividades:
- Análise da organización interna da empresa e do deseño das súas estratexias, posicionamentos e carteira de produtos, nos seguintes ámbitos:
- Produto: produtos de referencia, produtos substitutivos, competencia, análise de valor.
- Tecnolóxico: definición de condicionantes técnicos, funcionais e dimensionais.
- Económico-produtivo: canle comercial, punto de venda, materiais e procesos. Coste obxectivo e investimentos.
- Usuario-cliente: definición e priorización de obxectivos, factores de valor, ergonomía aplicable e entorno de uso.
- Briefing: resumo do posicionamento, insights e chaves de deseño. Obxectivos e especificacións de deseño.
- Conceptualización-brainstorming: conceptos e estilo do produto de acordo con solucións asociadas a obxectivos; presentación de conceptos de produto-estilo asociado a unha aproximación a custos e investimentos; selección final.
FASE II: Deseño de detalle e desenvolvemento
Esta fase ten como obxectivo definir íntegramente o deseño a partir do concepto seleccionado na fase I, así como da súa arquitectura xeral e desglose, tanto desde o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo como económico. Esta fase deberá comprender como mínimo as seguintes actividades:
- Deseño de detalle:
- Deseño funcional e dimensional do produto: análise de todos os usos para garantir o correcto funcionamento e a interacción co usuario. Definición da arquitectura do produto e desglose.
- Selección de materiais, procesos e compoñentes.
- Refinamento estético (axuste de proporcións e encontros entre os diferentes compoñentes).
- Deseño de gráfica aplicada. Selección de acabados. Integración da marca.
- Desenvolvemento:
- Definición técnica dos diferentes compoñentes (adecuación a cada proceso produtivo e optimización da montaxe e transporte).
- Desenvolvemento dos diferentes sistemas e mecanismos; modelado 3D das pezas e xeración de planos para produción.
Fase III: Preindustrialización
Esta fase ten como obxectivo integrar todas as melloras necesarias nas diferentes pezas e compoñentes do produto. Elaborarase o material necesario para a contratación de ferramentas ou moldes de fabricación e a produción dos diferentes compoñentes para a súa produción seriada. Esta fase deberá comprender como mínimo as seguintes actividades:
- Análise da secuencia de ensamblaxe e puntos críticos de axuste.
- Deseño e modelado 3D de pezas para produción.
- Solucións para mantemento e reparación.
- Especificacións de montaxe.
Nos proxectos de deseño de produto, tamén se poderán contemplar outras disciplinas do deseño que se interrelacionan para a consecución do resultado final:
- Deseño circular: mediante esta liña de subvención, preténdese impulsar o deseño circular para conseguir novos produtos sostibles. Esta convocatoria pretende poñer en marcha novas solucións sostibles para contribuír á transición ecolóxica mediante o deseño de novos produtos.
- Deseño dixital: nos casos nos que o deseño do produto supoña o desenvolvemento de deseños dixitais, poderán ser incluídos como actividade subvencionable sempre que estean asociados ao novo produto.
- Deseño de identidade de produto: os proxectos poderán incluír elementos de identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación sempre que estean asociados ao novo produto.
Deseño de servizos e experiencias
Concepción e desenvolvemento de servizos e experiencias, que se perciban no mercado como novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial.
Para iso, as actividades subvencionables de cada unha das fases do proxecto de deseño deberán incluír:
Fase I: Análise, estratexia e conceptualización
Análise da organización interna da empresa e do deseño das súas estratexias, posicionamentos e carteira de servizos e a súa interrelación. Nesta fase analizarase o contexto do proxecto de deseño, estableceranse as chaves do deseño e as solucións materializaranse en forma de concepto.
Fase II: Deseño de detalle e desenvolvemento
Procedementos para a execución do deseño do servizo seleccionado e prototipos do novo deseño. Para iso, é necesario definir integramente o deseño a partir do concepto seleccionado na fase I, así como a súa arquitectura xeral, desde o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo e económico.
Nos proxectos de deseño de servizos e experiencias que se presenten nesta convocatoria, tamén se poderán contemplar outras disciplinas do deseño que se interrelacionan para a consecución do resultado final dese proxecto, como as seguintes:
- Deseño dixital: nos casos nos que o deseño do servizo supoña o desenvolvemento de deseños dixitais, poderán ser incluídos como actividade subvencionable sempre que estean asociados ao novo servizo.
- Deseño de identidade de servizo: os proxectos poderán incluír elementos de identidade gráfica e comunicación sempre que estean asociados ao novo servizo.
Deseño de marca e identidade corporativa
Este ámbito do deseño ten como obxectivo formular a identidade corporativa e marca das empresas e a súa interrelación cos seus produtos e servizos, sendo o deseño unha parte significativa destes. Para iso, as actividades subvencionables de cada unha das fases do proxecto de deseño deberán incluír:
FASE I: Análise, estratexia e conceptualización
Análise interna e externa: esta análise ten como obxectivo a valoración xeral da situación en canto á identidade da empresa, da súa marca ou marcas, dos seus produtos, servizos e dos seus soportes e métodos de comunicación, así como a valoración de como todo iso é percibido polo usuario/cliente.
Para iso, realizarase unha análise en profundidade de:
- A estratexia da empresa: sector, posicionamento, unidades de negocio, segmentos de mercado, carteira de produtos e servizos.
- A estrutura de marcas, a súa forza e potencialidade e os seus públicos clave.
- Os plans e accións de comunicación interna e externa, os elementos utilizados ou a través dos cales se proxecta esta comunicación (oficinas, fachadas, rótulos, vehículos, catálogos, folletos, manuais técnicos, envases e envoltorios dos produtos, etiquetas, papelería, internet etc.), os procedementos de relación externa (protocolos de atención ao cliente e/ou servizo posventa, relacións públicas).
Proposta de deseño conceptual da identidade corporativa: coherente e realista para a empresa nos seus diferentes niveis (empresa, marca e produto/servizo) e elementos de actuación, que persegue a eficacia ante os seus diferentes públicos clave.
FASE II: Deseño de detalle e desenvolvemento
O deseño gráfico, a identidade visual, o packaging, os soportes dixitais, etc. son unha parte relevante do branding que fai tangible a súa estratexia para as persoas e para o mercado. Potenciarase que os deseños desta identidade representen valores sostibles e innovadores asociados á empresa-marca e produto-servizo.
Gastos elixibles
Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e sexan estritamente necesarios para o desenvolvemento da actividade de deseño para a innovación para a cal foron concedidos.
Serán subvencionables para a anualidade de 2023 aqueles gastos comprendidos entre a data da solicitude e o 30 de novembro de 2023. Para a anualidade de 2024 serán subvencionables os gastos realizados entre o 1 de decembro de 2023 e o 15 de outubro de 2024.
Serán Custos Subvencionables os seguintes:
- Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais.
- Custos de servizos de asesoramento e apoio en materia de innovación.
- Custos de servizos de asesoramento en materia de deseño para a innovación.
- Custos de activos materiais e inmateriais exclusivamente ligados ao proxecto.
- Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición inventariable.
- Custos de persoal propio.
- Custos de persoal de nova contratación.
- Custos de adquisición de propiedade industrial.
- Custos de material, subministros e produtos similares.
- Subcontratacións: costes de servizos de asesoramento en materia de deseño con entidades proveedoras de servizo de deseño, profesionais do deseño, estudos de deseño e empresas externas de servizos de consultoría especializadas nas disciplinas de deseño obxecto da convocatoria. O orzamento subvencionable relativo ás subcontratacións estará comprendido nos seguintes rangos en función da disciplina do deseño que a empresa beneficiaria queira abordar:
- Deseño de produto: mínimo de 30.000 € ata un máximo de 75.000 €.
- Deseño de servizos/experiencias: mínimo de 20.000 € ata un máximo de 60.000 €.
- Deseño de identidade corporativa: mínimo de 10.000 € ata un máximo de 50.000 €.
- Custos indirectos: son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada por ter un carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización. Inclúen gastos administrativos, gastos de supervisión e control de calidade, subministros, seguros, seguridade ou gastos de limpeza. O máximo será un 20% dos costes directos.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
- Tipo de ayuda: subvencións en réxime de concorrencia competitiva. Non se aplica o réxime de minimis.
- Cuantía: O orzamento subvencionable será dun mínimo de 50.000 euros e dun máximo de 150.000 euros (subvención entre 25.000 € e 75.000 €).
- Intensidad de ayuda: A intensidade da axuda será do 50% da investimento total.
Presentación de solicitudes
Data límite para presentar solicitudes: 14 de agosto de 2023. Forma de tramitación: As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia.