DeseñaPeme e InnovaPeme 2024 (IN848E / IN848D)

Obxecto da axuda

Axudas  destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización, segundo a súa finalidade, mediante as seguintes liñas:

  • Liña 1: DESEÑAPEME; Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade (IN848E)
  • Liña 2: INNOVAPEME; Plans de innovación en procesos e organización (IN848D)

Organismo convocante

Axencia Galega de Innovación

Beneficiarios

  • Microempresas, pequenas e medianas empresas
  • Entidades do terceiro sector de acción social, sen ánimo de lucro con actividade económica que acrediten categoría de peme

Actividades elixibles

Liña 1 – DESEÑAPEME – Plans de deseño para a innovación e sustentabilidade

Deseño de produto: Concepción e desenvolvemento de produtos novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial desde o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo e económico.

  • Deseño circular para conseguir novos produtos sustentables.
  • Deseño dixital, sempre que estea asociado ao produto.
  • Deseño de identidade, é dicir, elementos de identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación ligados ao produto.

Deseño de servizos e experiencias: Concepción e desenvolvemento de servizos e experiencias novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial dende o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo e económico.

  • Deseño dixital, sempre que estea asociado ao novo servizo ou experiencia.
  • Deseño de identidade, é dicir, elementos de identidade gráfica e comunicación ligados ao servizo ou experiencia

Deseño de marca e identidade corporativa: Formulación de proxectos de identidade corporativa e marca das empresas nos seus diferentes niveis (empresa, marca e produto/servizo), con especial atención á representación de valores sustentables e innovadores.

  • Traballos de deseño gráfico, identidade visual, packaging, creación de soportes dixitais e outros, necesarios para configurar a estratexia de branding coa que a empresa proxecta a súa estratexia cara ás persoas e o mercado.

Subcontratación de profesionais do deseño

  • Entidades provedoras de servizos de deseño
  • Profesionais do deseño
  • Estudos de deseño
  • Empresas externas de servizos de consultoría especializadas nas disciplinas de deseño

O profesional ou equipo de profesionais colaboradores externos que presten o servizo deberán dispoñer dunha titulación ou recoñecemento no ámbito do deseño específico no que participen e contar cunha experiencia demostrable superior a 2 anos na prestación de servizos similares aos solicitados pola empresa.

Liña 2 – INNOVA PEME – Plans de innovación en procesos e organización

Actividades de innovación: Servizos externos que preparan ás pemes para innovar a través de asesoramientos e apoios que complementan as súas capacidades internas.

  • Auditoría / consultoría en produto/servizo
  • Estudos de viabilidade técnica e industrial, económica e /ou de mercado
  • Protección da propiedade industrial e intelectual
  • Asesoramento para a transferencia de tecnoloxía
  • Obtención de certificacións de normas oficiais vinculadas á actividade innovadora (incluído selo startups)
  • Asesoramento para a xestión de proxectos colaborativos de I+D+i
  • Asesoramento para o acceso a financiamento da innovación

Innovación en procesos: Proceso novo ou mellorado para unha ou máis funcións de negocio que difiren significativamente do proceso de negocio anterior da empresa e que se poñen en uso por primeira vez.

  • Métodos de fabricación ou produción de bens ou servizos innovadores
  • Sistemas loxísticos ou métodos de entrega ou distribución industrial
  • Métodos innovadores nas operacións administrativas, contables ou de marqueting
  • Innovacións en procesos con beneficios medioambientais
  • Testado preindustrial de tecnoloxías facilitadoras

Innovación en organización: Método novo ou mellorado para unha ou máis funcións relativas á organización empresarial e as súas interaccións, que difiren significativamente do métodos anteriores da empresa e que se poñen en uso por primeira vez.

  • Creación de departamentos / unidades de investigación ou innovación (salvo no caso de que xa se tivera financiado en convocatorias previas ao mesmo beneficiario)
  • Deseño e desenvolvemento de novos procesos de organización
  • Validación, a través de pilotos, de novos métodos ou metodoloxías enfocadas á:
    • Mellora organizacional no negocio ou a organización do traballo
    • Xestión do coñecemento ou a toma de decisións
    • Xestión dos recursos humanos e a responsabilidade social
    • Relacións cara o exterior (con provedores, clientes, intermediarios…)

Gastos elixibles

Custos directos:

  • Custos de persoal, propio ou de nova contratación, segundo condicións do artigo 9
  • Custos de adquisición de propiedade industrial
  • Custos de material, subministros e produtos similares (incluídas licenzas de software non amortizables)
  • Subcontratacións (máximo 50% dos custos directos)
  • Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais e obtención de certificacións
  • Custos de servizos de asesoramento en materia de deseño e/ou innovación
  • Custos de servizos de apoio en materia de innovación
  • Custos de amortización do equipamento e material instrumental inventariables

Custos indirectos

  • O importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 20% aos custos directos do plan

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

Características dos plans:

  • Constituirán un conxunto completo e coherente de actividades para cada unha das liñas.
  • Orzamento subvencionable: mínimo de 000€ e máximo de 150.000€ para cada plan.
  • A duración máxima de cada plan (e período de execución de gasto) será ata o 30 de setembro de 2025. Ademais, na liña 2 INNOVAPEME a duración mínima é 12 meses.

Orzamento:

  • INNOVA PEME:000.000€
  • DESEÑA PEME:500.000€

Tipo axuda: 50%, subvención a fondo perdido: entre 25.000 e 75.000€ por plan.

  • En total unha peme pode obter ata 150.000€.
  • Anticipo ata o 70% da subvención concedida. Para a primeira anualidade, poderase solicitar ata o 100% da subvención concedida.

Presentación de solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: 14/02/2024 – 13/03/2024

Event Schedule Details

  • 13 Marzo 2024
Compartir
Engadir ao Calendario