Dilixencia debida e alimentos sen deforestación: o que debes saber do Regulamento

O novo Regulamento Europeo sobre produtos libres de deforestación (EUDR) establece obrigas esixentes para garantir que determinadas materias primas non procedan de terreos deforestados. A súa entrada en vigor implica que as empresas alimentarias que operan no mercado europeo deberán aplicar procedementos rigorosos de dilixencia debida, co fin de rastrexar a orixe das materias primas, avaliar riscos nas cadeas de subministración e adoptar medidas correctoras cando sexa necesario.

Un webinar para entender o impacto do EUDR no sector alimentario

Neste contexto, Clusaga organiza un webinar informativo o próximo 3 de xullo ás 12.30 horas que busca achegar ás empresas galegas unha visión clara das implicacións da nova normativa e ofrecer orientación práctica para adaptarse aos seus requirimentos. A sesión contará coa participación de Aloia López, de Terraqui, quen explicará os aspectos clave do Regulamento e o seu impacto no sector alimentario. A continuación, Marta Salvador, de PEFC España, presentará unha solución práctica para facilitar a adaptación das empresas aos procesos de dilixencia debida esixidos polo EUDR. Finalmente, abrirase un espazo para resolver dúbidas e consultas das persoas asistentes.

Este evento está dirixido a empresas transformadoras e comercializadoras do sector alimentario que traballen con materias primas potencialmente afectadas polo Regulamento, así como a profesionais interesados en sustentabilidade, trazabilidade e cumprimento normativo.

Inscrición e contacto

As persoas interesadas poden inscribirse a través do formulario habilitado. Para máis información, contactar a través de circular@clusaga.org ou 682 616 021.

Event Schedule Details

  • 3 Xullo 2025
Compartir
Engadir ao Calendario