Dinámica de Innovación. Explorando o potencial do packaging sostible no sector da alimentación

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) promove a realización desta dinámica de innovación co propósito de descubrir oportunidades neste eido en envases sostibles, fomentando así sinerxías e colaboracións entre as entidades socias de Clusaga.

O evento, titulado “Explorando o potencial do packaging sostible no sector da alimentación”, terá lugar o vindeiro 27 de outubro, de 9.30 a 14.00 horas, no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela), e será dinamizado pola empresa Hinojosa Packaging. Algúns dos temas a tratar nesta xornada, orientada a empresas do sector alimentario galego, incluirán o ecodeseño de envases, a reciclabilidade ou a redución de envases de uso único.

Esta dinámica organízase no marco do Grupo de Traballo 3 – Sustentabilidade, Economía Circular e Bioeconomía. Packaging Sustentable, promovido pola Comisión de Innovación e I+D e a Comisión de Sustentabilidade e Economía Circular de Clusaga.

Para asistir a esta dinámica de innovación é preciso inscribirse a través do formulario que aparece a continuación. Para máis información, pódese consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no teléfono 881 023 853 ou no correo industria@clusaga.org

Event Schedule Details

  • 27 Outubro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario