Doutoramentos Industriais 2026

Obxecto da axuda

Promover a realización de proxectos de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental en empresas e noutras entidades do entorno socioeconómico (entidades privadas sen ánimo de lucro e administracións públicas, que poidan desenvolver un proxecto de I+D+i destinado á transferencia de coñecemento), nos que se enmarque unha teses doutoral, a fin de favorecer a inserción laboral de persoal investigador nestas entidades dende os inicios das súas carreiras profesionais, contribuir á empleabilidade destes investigadores e investigadoras e promover a incorporación de talento no tecido produtivo e socioeconómico para elevar a competitividade do mesmo.

 

Organismo convocante

Axudas convocadas pola Axencia Estatal de Investigación.

Beneficiarios

  • Empresas, entre as que se inclúen as empresas «spin-off» e as xóvenes Empresas Innovadoras.
  • Entidades privadas sen ánimo de lucro e administracións públicas.

Actividades elixibles

  • As axudas deberán aplicarse para levar a cabo actividades de I+D en proxectos de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que den lugar a unha teses doutoral.
  • As axudas terán unha duración de catro anos e a data de inicio do seu cómputo estará comprendida dentro do plazo para a presentación de contratos.
  • A obtención do título de doutor/a terá lugar, preferentemente, durante as tres primeiras anualidades da axuda.

Gastos elixibles

  • Gastos derivados da contratación da persoa seleccionada.
  • Gastos de mobilidade.
  • Outros gastos de execución do proxecto. Outorgarase unha axuda en función do presuposto solicitado para outros gastos de execución do proxecto de I+D en cuxa realización participará a persoa proposta e da intensidade de axuda, cun máximo financiable de 40.000 euros por proxecto.
  • Gastos de matrícula nas ensinanzas de doutoramento.

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo: Subvención e entrega dineraria sen contraprestación en concorrencia competitiva – canónica.
  • Cuantía: O custo de contratación máximo financiable anual por axuda será de 32.900 euros.
  • Intensidade:
Tipo de Proxecto Intensidades brutas máximas de ayuda en forma de subvención a las entidades beneficiarias
Pequenas empresas Medianas empresas Grandes empresas
Proxectos de investigación industrial 70% 60% 50%
Proxectos de desenvolvemento

experimental

45% 35% 25%

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes iniciarase o día 13 de xaneiro e finalizará o día 17 de febreiro de 2026 ás 14:00 horas (hora peninsular española) a través da seguinte ligazón: https://ciencia.sede.gob.es/

Event Schedule Details

  • 17 Febreiro 2026
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp