Empresa Cibersegura Agrícola 2025

Obxecto da axuda

Mellorar a preparación dixital fronte as ameazas cibernéticas nas empresas galegas, mediante a adopción de medidas de ciberseguridade que lles permitan reforzar a protección dos seus activos críticos, reducir o risco de incidentes e mellorar a súa capacidade de prevención, detección e resposta ante ameazas no entorno dixital.

Organismo convocante

Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas os empresarios individuais e persoas xurídicas que teñan a condición de empresa, con independencia do seu tamaño sendo do sector agrícola.

Actividades elixibles

As axudas destinaranse a financiar o acceso a servizos de ciberseguridade prestados por entidades provedoras homologadas, que poderán abranguer:

  • A realización dun diagnóstico inicial de madurez e riscos.
  • Acceso a servizos especializados en pago por uso durante 12 meses, adaptados ás necesidades detectadas, que poderán incluír a migración segura de infraestruturas a contornos cloud (IaaS), a operación segura de infraestruturas TI (ITaaS) ou a protección de contornos industriais OT (OTaaS).
  • A execución de actuacións complementarias de reforzo, tales como probas de hacking ético, accións de concienciación e sensibilización ou a implantación de políticas de seguridade baseadas en estándares recoñecidos como ISO/IEC 27001, o Esquema Nacional de Seguridade (ENS) ou a Directiva NIS2, así como servizos de acompañamento estratéxico tipo CISO as a Service.

Gastos elixibles

Gastos derivados do acceso a servizos especializados de ciberseguridade prestados por entidades provedoras homologadas, co obxectivo de mellorar a capacidade das empresas galegas para previr, detectar, responder e recuperarse fronte a incidentes de seguridade dixital, sempre que se realicen dende a data de solicitude da axuda.

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo: Subvención e entrega dineraria sen contraprestación en réxime de concorrencia non competitiva.
  • Contía: 13.500€ ata 30.000€
  • Intensidade: 75%

Presentación de solicitudes

A persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es antes do 15 de novembro de 2025.

Event Schedule Details

  • 15 Novembro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp