Galicia Exporta Empresas – Axudas para a execución de accións de promoción externa de empresas de Galicia 2022

Estas axudas teñen como obxectivo fomentar a realización de accións de promoción exterior que xeren vantaxes competitivas para as empresas galegas, e que incidan na súa proxección e posicionamento nos mercados internacionais.

Tipos de apoio

Axudas a concursos competitivos. Réxime de axudas de mínimas.

Beneficiarios potenciais

Poderán ser beneficiarias de estas axudas as empresas que cumpran os siguientes requerimentos:

  • Que se axusten á definición de pemesegundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.
  • Que teñan algún centro de trabajo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia (e, en dito centro, cando menos tres empregados)
  • Que estean matriculadas en programas Igape avanzados de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de enero de 2013.
  • Que estean ao tanto das súas obrigas coa Facenda Pública do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia e a Seguridade Social.
  • Que teñan a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir coas condicións da axuda.

Inversións ou gastos computables

Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido dos seguintes tipos de accións:

  1. Accións de difusión
    • Campañas publicitarias en prensa ou medios dixitais, sempre que a difusión se realice no estranxeiro.
    • Elaboración de material promocional para a súa difusión en mercados estranxeiros
  2. Accións promocionais
    • Participación en feiras ou outros actos expositivos que se celebren no estranxeiro
    • Visitas á sede social da empresa en Galicia por parte de clientes, importadores, distribuidores, medios de comunicación, etc. Todas elas realizadas dende o estranxeiro. Tamén se inclúen eventos virtuais realizados pola empresa dirixidos ao público internacional.
  3. Accións de prospección en mercados internacionais
    • Axendas de reunións (incluídas as axendas virtuais)
    • Desenvolvemento de clientes e análise da competencia no exterior.
    • Seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro.
  4. Accións operativas de internacionalización
    • Xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, aprobacións e rexistros de marcas e patentes de produtos e servizos no exterior
    • Seguro de crédito á exportación

Só poderá presentarse e aprobarse unha solicitude por beneficiario, que poderá incluír varias das actuacións mencionadas. No caso de presentar máis dunha solicitude, atenderase é primeira presentada, en caso de non mediar desistimento ou renuncia á anterior.

Serán subvencionables os gastos realizados a partir do 1 de xaneiro de 2022, se ben o proxecto para o que se solicita a axuda non se atopa totalmente executado no momento de presentación da solicitude de axuda. Non serán elixibles os gastos incorridos e pagados con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022, salvo os necesarios como reserva para actuacións a realizar nos anos 2022 e 2023.

Importe da axuda

A subvención será do 70% dos custos, salvo no caso de actuacións de participación presencial en feiras e eventos de exposición, nas que as intensidades de axuda e as cuantías das subvencións variarán en función do eido xeográfico no que se desenvolva a actuación.

Para as actuacións incluidas en esta convocatoria, a subvención máxima será de 91.000 euros por solicitude e beneficiario (gasto máximo subvencionable de 130.000 euros).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As  solicitudes presentaranse dende as 8.00 horas do día de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas do día de finalización (24 de maio de 2022).

Referencia lexislativa

Resolución do 16 de marzo de 2022 (DOG Nº53 de 17/03/2022) – Bases reguladoras e convocatoria.

Máis información

Pode consultar máis información no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47; ou a través da páxina web www.igape.es e o correo informa@igape.es.

Event Schedule Details

  • 24 Maio 2022
Compartir
Engadir ao Calendario