Espazos de Datos Sectoriais (Sector Agrícola)

Obxecto da axuda

Fomentar a participación de entidades nos espazos de datos sectoriais para poñer en valor a utilidade e impacto dos casos de uso, escalar os ecosistemas de compartición en número de participantes e aumentar os conxuntos de datos compartidos.

Organismo convocante

Esta axuda está convocada polo ministerio para a transformación dixital e da función pública e a entidade pública empresarial RED.ES.

Beneficiarios

  • Entidades públicas e privadas, independientemente da súa forma xurídica, que exerzan unha actividade económica, que teñan personalidade xurídica propia e domicilio fiscal ubicado na Unión Europea.
  • Administracións Públicas españolas.

Actividades elixibles

  • Identificación das oportunidades que ofrece un espazo de compartición de datos, selección do espazo de datos e casos de uso, elaboración do plan de negocio baseado na compartición de datos, e toma de decisión de inversión.
  • Xestión das condicións e requerimentos xurídicos e regulatorios para a integración nun espazo de datos; avaliación do grado de cumplimento legal das principais normativas europeas no ámbito dos datos, identificación das brechas no seu cumplimento e posibles riscos asociados.
  • Preparación dos datos e creación dos produtos de datos: disponibilización e preparación dos metadatos e datos a compartir.
  • Implementación da conexión técnica cun espazo de datos no referente á adaptación da arquitectura, infraestrutura tecnolóxica hardware e software e á participación nun caso de uso.

Gastos elixibles

  • Gastos de persoal técnico directamente involucrado na execución das actividades subvencionadas.
  • Produtos ou Servizos necesarios para a correcta execución das actividades subvencionables.

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo: Axuda de Estado cuberta pola normativa de minimis, en concorrencia non competitiva.
  • Cuantía: 60.000.000€
  • Intensidad: A contía máxima subvencionable será do 100% dos gastos considerados como subvencionables, sendo o importe máximo por beneficiario:
Entidades público e privadas Importe da axuda
Incorporación efectiva dun participante Ata 15.000€
Incorporación efectiva avanzada como provedor Ata 30.000€

 

Administracións públicas Importe da axuda
Incorporación efectiva dun participante Ata 25.000€

Presentación de solicitudes

As solicitudes serán realizadas polo solicitante ou o seu representante legal e se presentarán únicamente a través do formulario automatizado dende aa plataforma Acelera Pyme https://www.acelerapyme.gob.es/ ata o 31 de marzo de 2026 ás 11:00 horas ou cando se esgote o crédito presupuestario.

Event Schedule Details

  • 31 Marzo 2026
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp