Durante os días 22 e 23 de maio, Tesalónica (Grecia) acollerá o European food biomass & Bioeconomy Summit, converténdose no principal punto de encontro a nivel europeo de empresas do sector da alimentación e a bioeconomía, provedores tecnolóxicos e inversores.
Neste evento, enmarcado nos proxectos B-Resilient, no que participa o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga); BioeconomyVentures; e Model2Bio; e co-organizado coa EIT Food, as empresas do sector da alimentación poderán coñecer de primeira man aos provedores de tecnoloxías máis punteiras, xerar sinerxías e establecer alianzas de futuro con outras compañías e inversores.
Como parte do programa de actividades os asistentes poderán participar nun obradoiro sobre a revalorización de residuos dentro do sector da bioeconomía; así como asistir en primicia á presentación dunha ferramenta pioneira destinada a predicir os fluxos residuais agroalimentarios e identificar as mellores vías para valorizalos. Asimesmo, as startups poderán expoñer o seu proxecto ante empresas e inversores, e desfrutar dun espazo de matchmaking.
O evento contará cun gran espazo de networking, que inclúe a visita á unidade de Biogás Lagadas, ao Centro Tecnolóxico CERTH e á adega Gerovassiliou, sendo unha boa oportunidade para establecer alianzas co resto dos participantes do evento.
As pemes teñen á súa disposición os cheques de viaxe da primeira convocatoria do proxecto B-Resilient, unha axuda de 600€ para impulsar a súa participación no evento. Para solicitar estas axudas, que se asignarán por orde de solicitude, é necesario apuntarse neste enlace antes do 24 de abril. Do mesmo modo, é necesario remitir este contrato asinado a b-resilient.vouchers@i4ce.eu.
Para máis información sobre o evento, pode consultarse o programa completo. Para máis información ou consultas ao respecto dos cheques de mobilidade, pode contactarse con Clusaga a través do correo bff@clusaga.org.