Obxecto da axuda
Eurostars financia proxectos internacionais de colaboración en I+D e innovación de todos os ámbitos para PYMEs innovadoras e socios do proxecto (grandes empresas, universidades, organizacións de investigación e outros tipos de organizacións).
Organismo convocante
Convocado pola Asociación Europea para as PEMEs Innovadoras/Eurostars-3.
Beneficiarios
- PEMEs
- Grandes empresas
- Institucións académicas
- Institutos de investigación
- Outro tipo de organización
Deben formar parte dos países Eurostar (ver listado*). Os países que non son membros de Eurostars poden participar autofinanciando os custes dos seus proxectos.
Actividades elixibles
Proxectos internacionais colaborativos de I+D de cualquer sector.
Gastos elixibles
- Custos do persoal que realiza as tarefas de I+D, incluídas ata 58 horas ao mes para a xestión do proxecto.
- Gastos xerais (ata o 25% de todos os custos directos, excluída a subcontratación).
- Instrumentos, equipos, materiais, subministracións e productos similares nos que se incorra directamente como resultado do proxecto.
- Investigación contractual, coñecementos e patentes.
- Os custos de subcontratación non poden supera-lo 25% dos custos elixibles do participante, pero o importe pode incrementarse ata o 50% dos custos elixibles do participante cando se subcontraten organismos públicos de investigación (OPI) españois.
- Subcontratación dunha empresa de consultoría (ata 8.000€).
- Gastos de viaxe (ata 8.000€).
- Informes de auditoría (ata 2.000€ por exercicio).
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
- Tipo: Financiamento en cascada.
- Contía: O importe máximo de financiamento é unha subvención de 400.000 € por participante español nun proxecto.
- Intensidade da axuda: As pequenas empresas españolas poden recibir unha subvención que cubra ata o 60 % dos custos subvencionables do participante e as medianas empresas españolas poden recibir unha subvención que cubra ata o 50 % dos custos subvencionables do participante. Se hai orzamento nacional dispoñible, a subvención podería aumentar ata o 70 % para todas as PEME.
Presentación de solicitudes
O prazo de solicitudes comeza o 10 de Xaneiro ata o 13 de Marzo de 2025 ás 14:00h (horario de Bruselas).
Documentos de interés: