Innovación en etiquetas intelixentes para o sector vinícola. Evento virtual de peche do proxecto SmartLabels

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e o Packaging Cluster organizan o luns, 29 de marzo, de 9.30 a 11 horas o evento virtual de peche do proxecto SmartLabels, unha iniciativa promovida por ambos os clústeres e seleccionada na última convocatoria do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI).

Na xornada, que leva por título “Innovación en etiquetas intelixentes para o sector vinícola”, presentaranse as actividades e resultados levados a cabo neste proxecto que desenvolveu e testado novas tecnoloxías de impresión para a fabricación de etiquetas intelixentes alimentadas a partir de tecnoloxía sen contacto.

Àlex Brossa, cluster manager do Packaging Cluster, encargarase de dar a benvida ao evento e Xavier Lesauvage, managing partner and marketing strategy deader de Connociam, de analizar as tendencias e oportunidades en smart packaging. Pola súa banda, Noelia Dosil, innovation project manager do Clusaga, abordará o desenvolvemento realizado en etiquetas intelixentes no proxecto SmartLabels.

Este evento de peche de peche contará tamén coa participación do catro entidades beneficiarias do proxecto: Eurecat, IPE Industria Gráfica, Sociedade Cooperativa Vitivinícola Arousana (Paco & Lola) e Bodegas Familiares Matarromera.

Juan Estanislao López, smart engineering research group manager de Eurecat, explicará a aplicación de etiquetas NFC no sector vinícola mentres que Cleiver Salazar, technical manager de IPE Industria Gráfica, farao sobre o uso de etiquetas con tinta invisible con código bidimensional unívoco.

Pola súa banda, Daniel Durán, técnico de viticultura e innovación de Paco & Lola, e Raquel González, técnico do departamento de I+D+i de Bodegas Familiares Matarromera, contarán como foi a implementación de prototipos en bodega. Roberto Alonso, xerente de Clusaga, será o encargado de moderar as preguntas dos asistentes e de clausurar o evento online.

As persoas interesadas en inscribirse a este evento virtual de peche do proxecto SmartLabels, poden facelo a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación.

Event Schedule Details

  • 29 Marzo 2021
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario