Farmtopia – Solucións Dixitais Agrícolas

Obxecto da axuda

A Farmtopia Open Call ten como obxectivo atraer a pequenos consorcios de dous entidades formadas por unha PYME e un usuario final (unha pequena ou mediana explotación) para incorporar Solucións Dixitais Agrícolas (ADS)  nas explotacións agrícolas permitindo que estas tecnoloxías dixitais sexan máis fácilmente accesibles para as pequenas e medianas explotacións.

A atención centrarase principalmente en cultivos e gañado específicos para os que a actual provisión de Solucións Dixitais Agrícolas é inadecuada, pero tamén en cultivos de importancia rexional, reforzando a resistencia, a sustentabilidade e a seguridade alimentaria en toda Europa.

Organismo convocante

Proxecto Europeo FarmTopia.

Beneficiarios

  • PYMEs (pequenas e medianas empresas), startups e scaleups de alta tecnoloxía (a partir de TRL6)
  • Explotacións/granxas pequenas y medianas

Actividades elixibles

  • A proposta debe centrarse no desenvolvemento dunha Solución Dixital Agrícola
  • As propostas deben presentar os retos que a súa solución aborda a nivel de granxa
  • Mínimo un servizo de Farmtopia (é dicir, un componente reutilizable, un conxunto de software dixital de código aberto que segue un deseño arquitectónico de software de microservizos, que son fundamentais para a dixitalización das prácticas agrícolas para todas as explotacións) debe empregarse no desenvolvemento de Solucións Dixitais Agrícolas; a integración de máis servizos de Farmtopia considerarase unha vantaxe.
  • As Solucións Dixitais Agrícolas deben ter un TRL inicial alto (mínimo TRL6).

Gastos elixibles

O financiamento da Convocatoria Aberta Farmtopia basease en entregables e proporciónase en tres prazos, que se distribuirán tras a presentación satisfactoria do entregable correspondente e a súa revisión e aprobación positivas por parte do Consorcio Farmtopia. Como tal, no haberá necesidade de xustificacións de custos e a obtención do financiamento estará asociada á consecución dos entregables pertinentes, o que significa que a carga administrativa da execución do subproxecto será eliminada dos Subconcesionarios.

Financiamento total dispoñible: 900 000,00 €

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

Os solicitantes premiados recibirán a súa financiación en tres prazos de 100.000 euros aproximadamente un mes despois da presentación de cada un dos entregables pertinentes, e tras recibir unha avaliación positiva con respecto aos seus entregables por parte do consorcio Farmtopia. A estructura destes entregables porase oportunamente a disposición dos gañadores da convocatoria aberta Farmtopia, antes da súa presentación.

Presentación de solicitudes

A plataforma Open Call Hub (OCH) será o punto de entrada para todas as presentacións de propostas dos solicitantes a Farmtopia Open Call. As propostas recibidas por calquera outra canle descartaranse automáticamente.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 7 de Xaneiro de 2025 ás 17:00 (hora de Bruselas).

Os documentos requeridos nas fases posteriores enviaranse aos socios de Farmtopia que xestionan a Convocatoria Aberta en: farmtopia@opencallhub.eu.

Event Schedule Details

  • 7 Xaneiro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario