O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza, entre o 26 e o 29 de abril, a visita á Feira Anuga FoodTec, o evento líder de tecnoloxía da industria dos alimentos e bebidas celebrado cada tres anos en Koelnmesse (Colonia, Alemaña).
Esta é a única feira comercial do mundo que cobre todo o espectro da produción de alimentos, polo que se trata da plataforma líder de información e aprovisionamento para a industria global de alimentos e bebidas. Na súa última edición (2018) contou coa participación de máis de 50.000 visitantes de 155 países diferentes e de 1.657 empresas expositoras.
A finalidade da misión organizada por Clusaga é coñecer as novidades e solucións innovadoras presentadas a nivel internacional no ámbito da industria alimentaria e que os asistentes vexan in situ as últimas innovacións e visións ligadas ao paradigma da industria 4.0.
Polo tanto, o interese da asistencia a esta feira débese ao claro enfoque tecnolóxico, ao amplo rango de liñas de procesamento, embalaxe e seguridade aplicables á industria de alimentación e bebidas, á importancia das empresas que participan no evento, e á posibilidade de establecer relacións e contactos con diversos axentes.
En Anuga FoodTec, os visitantes das industrias manufactureiras poderán coñecer as innovacións e visións tecnolóxicas presentes no procesamento, envasado, ingredientes, seguridade alimentaria, packaging, dixitalización, intraloxística e, en xeral, toda unha gama de innovacións en todas as áreas asociadas á produción de alimentos.
A feira tamén ofrece a posibilidade de organizar machtmaking entre as empresas, asistir a distintos foros e workshops e participar nos puntos de encontro e visitas guiadas. Pode atopar máis información sobre a axenda de eventos na páxina web da feira.
A misión directa de Clusaga inclúe a xestión (viaxe, aloxamento e entradas) e o posible apoio aos custos de viaxe e aloxamento suxeitos á tramitación duna subvención por parte do IGAPE nos programas Galicia Exporta ou Foexga, en función do número mínimo de empresas participantes. Tamén poderase facilitar a participación coma expositor se fose de interese. Do mesmo modo, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela tamén convoca unha subvención destinada á viaxe, cuxo prazo límite de solicitude é o 24 de febreiro. A convocatoria pode consultarse a continuación.
Para inscricións, aclaracións ou solicitude de información adicional, contacte con Clusaga no correo electrónico exporta@clusaga.org, no teléfono 881 043 687 ou no formulario que atopará a continuación.