Obxecto da axuda
Favorece o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/o circulante estrutural por parte das pemes galegas.
Organismo convocante
Convocado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
Beneficiarios
- As pequenas e medianas empresas.
- As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas.
- As comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.
Actividades elixibles
Préstamos avalados para o crecemento das pemes (Reaval Crecemento).
O tipo de interese nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases poderá ser fixo ou variable. D.3.a) Tipo de interese fixo: Será determinado no momento da concesión por parte da entidade de crédito, e será como máximo o resultado de sumar ao último IRS (Interest Rate Swap) publicado ao prazo máis próximo ao do préstamo, máis un máximo de 1,8 puntos porcentuais. D.3.b) Tipo de interese variable: A elección da entidade financeira, o sistema de variación poderá ser tanto por semestres naturais como por reais (en función da data de formalización da operación), e o tipo de interese a aplicar en cada un dos períodos será o Euribor a 6 meses máis un diferencial máximo de 1,8 puntos porcentuais.
Gastos elixibles
- Bens tanxibles cuxo uso previsto pola persoa beneficiaria sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou ben para fines administrativos: Terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, outras instalacións, mobiliario, equipos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade.
- Bens intanxibles como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso, e aplicacións informáticas.
Tipo, contía e intensidade da axuda
- Tipo: Concesión directa – canónica. Préstamo.
- Contía: O importe do préstamo para avalar será igual ou superior a 3.000 € e igual ou inferior a 1.000.000 €.
- Intensidade da axuda: o apoio do Igape consiste nunha bonificación da comisión do aval e, se é o caso, do tipo de interese, e a posibilidade, en aplicación da normativa vixente de avais do Igape, de reaval de, como máximo, o 25 % do risco asumido polas SGR, que facilite o acceso ao crédito.
Presentación de solicitudes
O prazo remata o 30 de Setembro de 2025 ás 14h agás que antes desa data prodúzase o esgotamento do crédito. Pode presentar a solicitude na seguinte ligazón: https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual