FOOD UPCYCLING: Transformando subprodutos en valor

No marco do proxecto GRAPPA – Ingredients for a Circular Economy, o food upcycling concíbese desde unha visión sistémica da cadea de valor alimentaria. O proxecto centra os seus esforzos en transformar subprodutos, excedentes e mermas en produtos circulares de alta calidade, optimizando os fluxos de recursos desde a produción ata o consumo, preservando o valor dos produtos e reducindo perdas e desperdicio alimentario.

GRAPPA combina formación especializada, financiamento directo, acceso a redes de innovación e soporte para internacionalización, permitindo que as empresas alimentarias desenvolvan produtos circulares, melloren a eficiencia dos seus procesos e accedan a novas oportunidades de mercado en Europa e a nivel global.

Nesta xornada, que marca a primeira actividade do grupo de traballo GRAPPA de “Aproveitamento de Recursos, Subprodutos e Innovación” de Clusaga, buscarase xerar ideas, identificar retos e fomentar colaboracións que impulsen a circularidade no sector alimentario galego. O obxectivo é transformar ineficiencias en oportunidades de innovación e promover modelos de negocio circulares, en liña coa estratexia europea de bioeconomía e innovación circular.

O programa inclúe varias sesións temáticas que combinan visión estratéxica, exemplos inspiradores de valorización de subprodutos e tecnoloxías aplicadas. Cada sesión abordará diferentes oportunidades para a transformación de residuos alimentarios en produtos de valor, mostrando experiencias reais do sector galego.

Ademais, a xornada contará cun taller participativo, unha dinámica interactiva na que os participantes poderán identificar retos, priorizar accións e xerar solucións colaborativas para o deseño de produtos e ingredientes circulares, fomentando a innovación aberta e a cooperación entre empresas e actores do sector.

Event Schedule Details

  • 11 Marzo 2026

Hotel Palacio do Carme
Santiago de Compostela

Compartir
Engadir ao Calendario


Patrocinadores

WhatsApp