Foro e Premios Galicia Alimentación 2020

O Clúster Alimentario de Galicia organiza o 24 de setembro en formato online o Foro e Premios Galicia Alimentación 2020, no que se conmemorará o décimo aniversario da entidade.

Aos relatorios e mesas redondas con expertos e profesionais da industria, sumarase, nesta edición, unha feira de expositores do ámbito tecnolóxico online. Ademais, implantouse unha aplicación que permitirá interactuar aos asistentes, manter reunións B2B e planificar unha axenda individual de encontros e conferencias de interese.

Podes coñecer o programa completo do evento, así como as empresas expositoras da feira na web do evento a través da seguinte ligazón: https://www.galiciafoodforum.info/

Event Schedule Details

  • 24 Setembro 2020
Compartir
Engadir ao Calendario