El Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o xoves 26 de xuño, na planta -1 do Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela). Como cada ano, o encontro contará con persoas expertas e profesionais da industria alimentaria para analizar os grandes retos globais, abordar cuestións estratéxicas e debater sobre o futuro do sector.
Ademais, a cita acollerá o acto de entrega da XI Edición dos Premios Galicia Alimentación, galardóns que recoñecen iniciativas e accións destacadas no ámbito do sector alimentario galego en dúas categorías: Alimentos e Bebidas, cos Premios ao Produto Excelente e ao Produto Innovador; e Iniciativas do Sector Alimentario, cos Premios á Proxección e Estratexia de Mercado, á Sostibilidade e á Innovación.
O prazo para presentar a candidatura estará aberto ata o 15 de maio ás 14.00 horas. Para presentala, debe cumplimentarse o formulario da categoría correspondente, dentro do cal se poderá seleccionar o premio ou premios aos que se quere optar con cada candidatura.
Unha mesma entidade pode presentar candidatura a máis dunha categoría, así como presentar máis dunha candidatura ao mesmo premio. Pola súa banda, as entidades que resultaran premiadas en edicións anteriores poden volver presentar candidatura na mesma categoría na que foron gañadoras, ou en calquera outra.
A todas as entidades que presenten candidatura á Categoría de Produto Excelente requiriráselles o envío de mostras, previa notificación, para que o xurado dos Premios Galicia Alimentación poida realizar a avaliación dese produto.
Ante calquera dúbida ou aclaración, pódese contactar con Clusaga no correo electrónico comunicacion@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.