Foro Iberoamericano de Clústeres Alimentarios

A Axencia Galega de Innovación (Gain), como membro da Enterprise Europe Network (consorcio Galactea-Plus), e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga, España), en colaboración co Clúster Agroalimentario de Nuevo León (Agroalim, México), o FoodTech Hub (Brasil), a Asociación para la Industria Alimentaria de Castilla y León (Vitartis, España) e o Clúster Agroindustrial de Centro (InovCluster, Portugal), organizan o primeiro Foro Iberoamericano de Clústeres Alimentarios os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2021.

O evento, que se desenvolverá integramente online, fomentará a colaboración entre empresas e organizacións do sector alimentario iberoamericano, pondo o foco na investigación, innovación, comercialización, importación e exportación.

No Foro Iberoamericano de Clústeres Alimentarios comezará o 30 de xuño ás 16:30 horas con diferentes sesións, a través das cales se poderán coñecer diferentes servizos de apoio á colaboración en I+D e innovación, casos de éxito neste ámbito e as novas tendencias e oportunidades no consumidor.

Para analizar os mecanismos de apoio á colaboración no espazo iberoamericano, o evento contará coa participación de Eva Revilla, policy officer de DG GROW (Comisión Europea), Carmen Luisa Sáenz, xestora da área de agroalimentación do programa CYTED, e Vanda Narciso, coordinadora de EEN Portugal na Agência para a Competitividade e Inovação.

Os casos de éxito en innovación colaborativa agroalimentaria no espazo iberoamericano serán presentados por José Manuel Lorenzo, xefe de investigación do Centro Tecnolóxico da Carne, Jorge Welti, profesor e investigador do Instituto Tecnológico de Monterrey, e por Paulo Silveira, socio director de Food Tech HUB.

Marta Delgado del Río, insights & innovation analyst de Innova Market Insights, e María Naranjo, directora de alimentos, viños e gastronomía do ICEX España, presentarán as tendencias e oportunidades no panorama do consumo alimentario.

O día 1 de xullo os participantes ao Foro Iberoamericano de Clústeres Agroalimentario terán a oportunidade de establecer reunións bilaterais online, previamente agendadas a través da plataforma B2match, de 20 minutos con outros representantes de empresas agroalimentarias, organizacións de investigación e tecnoloxía, clústeres e outras organizacións intermediarias. Nelas poderán explorar oportunidades de I + D + i e / ou colaboracións de mercado.

O presidente de Clusaga, Juanjo De la Cerda, será o encargado de dar a benvida a este evento, mentres que Jesús Velazco, presidente de Agroalim despedirá este primeiro Foro Iberoamericano de Clústeres Alimentarios.

As persoas interesadas en participar no Foro Iberoamericano e en colaborar con outras organizacións do espazo iberoamericano, principalmente de Brasil, México, Portugal e España, poden inscribirse a este evento facendo clic no botón “inscribirse”, que aparece a continuación.

Detalles da programación de eventos

  • 1 Xullo 2021
Compartir
Engadir ao Calendario