O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o 30 de xuño na Cidade da Cultura de Galicia o Foro & Premios Galicia Alimentación 2021.
O evento, que será retransmitido en directo vía streaming, contará con expertos e profesionais da industria alimentaria para analizar os grandes retos globais aos que se enfronta o sistema de produción e distribución de alimentos e bebidas, tales como a sustentabilidade, a seguridade alimentaria ou a transformación dixital.
Ademais, previamente a que de comezo o Foro e Premios Galicia Alimentación 2021, Clusaga presentará o novo plan estratéxico 2021-2025 na Asemblea Xeral de socios.
Esta sexta edición do Foro Galicia Alimentación comezará cunha mesa redonda, moderada por Ana Rodríguez, co-fundadora e responsable de innovación e deseño regenerativo de Alén, para analizar a sustentabilidade na cadea de valor dos alimentos. Nela participarán Gabriela González, directora de RSC e comunicación de Vegalsa Eroski, Antonio García-Allut, presidente da Fundación Lonxanet, Juan Cordonié, director xeral de Galacteum, e David Comesaña, director de compras de Congalsa.
Posteriormente, Pepe Vieira, chef Estrela Michelín do restaurante Pepe Vieira Camiño dá Serpe, analizará a importancia da sustentabilidade no campo da gastronomía e Carmen Lence, CEO de Lence – Grupo Leche Río, abordará a historia de superación do sector lácteo galego.
Finalmente e antes de realizar a entrega dos Premios Galicia Alimentación, o presidente de Clusaga, Juanjo De la Cerda, presentará o Plan Estratéxico que rexerá a actividade do Clúster durante o próximos catro anos co obxectivo de pór en valor o sector, consolidar a súa posición competitiva e asegurar a súa sustentabilidade no tempo.
A cita concluirá co acto de entrega da sétima edición dos Premios Galicia Alimentación, galardóns que recoñecen iniciativas e accións destacadas no ámbito do sector alimentario galego.
As persoas interesadas en inscribirse ao Foro & Premios Galicia Alimentación poden facelo a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “inscribirse” que se mostra a continuación.
A realización do Foro e Premios Galicia Alimentación 2021 conta co apoio institucional da Xunta de Galicia, e o patrocinio ouro de Caixa Rural Galega, Gadis e Vegalsa Eroski e o patrocinio bronce de Corporación Laber e Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.