O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o 29 de xuño na Cidade da Cultura de Galicia o Foro & Premios Galicia Alimentación 2022.
O evento contará con expertos e profesionais da industria alimentaria para analizar os grandes retos globais aos que se enfronta o sistema de produción e distribución de alimentos e bebidas, nunha contorna complexa, e os temas estratéxicos para o sector coma a innovación e o papel do sector na transformación social a transición ecolóxica.
Ademais, previamente a que de comezo o Foro e Premios Galicia Alimentación 2022, Clusaga celebrará, a partir das 9.30 horas, a súa Asemblea Xeral exclusiva para socios.
Esta sétima edición do Foro Galicia Alimentación comezará con tres relatorios, a cargo de Marta Delgado, Customer Manager de Innova Market Insights; Lorenzo Pastrana, Chair of the Research Office do International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL); e Mateo Blay, Presidente de AGR Food Marketing e AGR Transformación Social.
A continuación, terá lugar unha mesa redonda na que se plasmarán as visións do sector alimentario e se debaterá en torno aos actuais retos do mesmo. A mesa estará moderada por Jaime Palafox, CEO de Palafox Food & Wine, e nela intervirán como relatores José Manuel García-Bejines, CEO de Entrepinares; Cristina Fernández-Armesto, CEO de Casa Grande de Xanceda; Iria Varela, CEO de ODS Protein; e Ramón Alonso, CEO de Cafés Candelas.
A cita concluirá co acto de entrega da oitava edición dos Premios Galicia Alimentación, galardóns que recoñecen iniciativas e accións destacadas no ámbito do sector alimentario galego en catro categorías: Produto Innovador, Produto Excelente, Proxecto Empresarial ou Institucional e Estratexia de Mercado.
O evento, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e o Patrocinio Oro de Caixa Rural Galega, Gadisa e Vegalsa-Eroski, así como o Patronicio Prata de ALS Laber e o Patrocinio Bronce de Salimat Abanca, ofrecerá un cocktail no que os asistentes poderán desfrutar de alimentos e bebidas de Galicia, elaborado a partir de alimentos candidatos aos premios e outros facilitados polos socios do Clúster.
As persoas interesadas en inscribirse no Foro & Premios Galicia Alimentación 2022 poden facelo a través do formulario que atoparán a continuación. No mesmo formulario, os asociados de Clusaga poderán expresar o seu interese por asistir tamén á Asemblea Xeral.