Galicia Exporta Digital 2024 IGAPE Marketing Digital Internacional (IG272)

Obxecto da axuda

Apoiar ás empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital, conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitividade nos mercados internacionais.

Organismo convocante

IGAPE

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

  • As pequenas e medianas empresas.
  • Que teñan algún centro de traballo radicado en Galicia. A empresa debe ter como mínimo un traballador por conta allea o día que se publique esta orde.
  • Que teñan un importe de facturación no último exercicio coa obriga de depósito de contas anuais no Rexistro Mercantil, ou de presentación da declaración da renda, como mínimo do dobre do orzamento do proxecto presentado pola empresa na súa solicitude de axuda.
  • Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
  • Que estean dadas de alta en programas avanzados de IGAPE de apoio á interna­cionalización cun informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. En todo caso, a solicitude de alta en programas avanzados de IGAPE de apoio á internacionalización, deberá presentarse antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do IGAPE IG192, agás os comercios minoristas.
  • Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Actividades elixibles

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 12.000€ e máximo de 100.000€ por empresa.

De superar este máximo procederase a axustalo a este límite máximo.

No caso de empresas do sector da produción agraria e da pesca o gasto subvencionable mínimo debe ser igual ou superior a 14.000€ e máximo de 40.000€ no caso de empresas do sector da pesca e 25.000€ no caso de empresas do sector da produción agraria. De superar este máximo procederase a axustalo a este límite máximo.

Gastos elixibles

Serán subvencionables só os gastos realizados despois de presentar a solicitude. Haberá de prazo para rematar as actuacións e facer os pagamentos ata o 31 de marzo de 2025.

  1. CONSULTORÍA necesaria para a elaboración de:
  • Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital. Inclúe os gastos relacionados directamente coa operativa dixital internacional, como a adaptación ao Regulamento xeral de protección de datos e, en xeral, á operativa import-export no comercio electrónico. Importe subvencionable máximo: 3.000 €.
  1. APLICACIÓNS INFORMÁTICAS:
  • Solucións tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multilingües. Importe subvencionable máximo: 6.000 €.
  • Adquisición, programación á medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs). Importe subvencionable máximo: 20.000 €.
  • Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar paneis de control con indicadores (KPIs) para o seguimento e optimización dos canais de venda e marketing en liña. Importe subvencionable máximo: 20.000 €.
  • Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da cadea de subministración e do cumprimento, por exemplo, para a venda predictiva e o aprovisionamento. Importe subvencionable máximo: 18.000 €.
  • Solucións tecnolóxicas que faciliten a operativa internacional, como a creación dunha suite de firma dixital, solucións de facturación electrónica internacional, solucións de xestión internacional de taxas ou outras solucións de natureza similar. Importe subvencionable máximo: 18.000 €.
  1. OUTROS GASTOS de:
  • Creación e adaptación de catálogos en liña para o marketing e as vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C. Importe subvencionable máximo: 4.000 €.
  • Creación e adaptación de aplicacións en liña á medida para o B2B en mercados electrónicos obxectivos. Importe subvencionable máximo: 20.000 €.
  • Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas, incluídos os gastos de axencia. Importe subvencionable máximo: 12.000 €.
  • Solucións de inbound marketing internacional para lograr captar, retener, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio en liña. Inclúe desde a compra das solucións tecnolóxicas (incluída a adquisición mediante pago por uso), a súa integración, e tamén a súa xestión como servizo a vendedores en liña por parte das axencias. Importe subvencionable máximo: 6.000 €.
  • Creación e adaptación de tendas en liña, tanto B2C como sistemas de comercio electrónico orientados ao B2B. Gasto subvencionable máximo: 12.000 €.

Costos indirectos do proxecto cubren gastos administrativos, subministracións, seguros, mantemento ou limpeza, cun tipo fixo do 7% sobre os custos directos.

Exclusións como a non subvención de gastos de renovación de licenzas e equipo TIC básico.

Non subvencionable o Imposto do Valor Engadido (IVA) recuperable segundo a normativa nacional.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

O tipo de axuda é por orde de entrada, e en réxime de mínimis.

A subvención variará entre os 7.200 € e os 60.000 € dependendo da inversión. Será subvencionable un 60 % da inversión.

Esta subvención é incompatible con outras axudas para os mesmos gastos.

Non se apoiarán solicitudes de empresas que foron beneficiarias da axuda IG240- Axudas á dixitalización industria 4.0 nos anos 2022 e 2023.

Presentación de solicitudes

Dende o 4 de xaneiro ata o 4 de marzo de 2024

Event Schedule Details

  • 4 Marzo 2024
Compartir
Engadir ao Calendario