Galicia Exporta Dixital – Axudas para a internacionalización dixital das empresas 2022

Estas axudas teñen como obxecto apoiar ás empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital, conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitales supón un enorme potencial para a mellora da competitividade nos mercados internacionais.

Ademais, o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercute nas posibilidades de negocio posibilitando a presenza en mercados, facilitando o acceso a clientes, reducindo os custos de transacción e publicidade, e permitindo abrir canais comerciais novos. Deste xeito, aportan medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.

Así, o obxecto último destas bases é o desenvolvemento e a implementación dun plan de Internacionalización dixital de empresa, e as necesidades específicas en materia de marketing dixital internacional.

Tipos de apoio

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de axudas de mínimis.

Beneficiarios potenciais

Poderán ser beneficiarias de estas axudas as empresas que cumpran estes dous requisitos, entre outros: que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión e que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Inversións ou gastos computables

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 18.000 euros e máximo de 100.000 euros por empresa. En concreto, subvenciónanse os seguintes tipos de gastos:

A. Consultaría necesaria para a elaboración de:

  • a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
  • b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
  • c) Plans de mercados electrónicos concretos.
  • d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.

B. Aplicacións Informáticas:

  • a) Solucións tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
  • b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs).
  • c) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización das canles de venta e marketing online.
  • d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venta preditiva e o aprovisionamento.

C. Outros gastos de:

  • a) Creación e adaptación de catálogos online para o marketing e as ventas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
  • b) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas, incluídos os gastos de axencia.
  • c) Solucións de software de pago polo uso das mencionadas no apartado B.
  • d) Solucións de inbound marketing internacional
  • e) Creación e adaptación de tendas online.

Contía das axudas

A subvención será do 80% dos gastos subvencionables.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, excepto que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Referencia lexislativa

Resolución do 12 de xaneiro de 2022 (DOG Nº39 del 25/02/2022) – Bases reguladoras e convocatoria.

Información e tramitación

Pode consultar máis información no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 o 981 54 11 47; ou a través da páxina web www.igape.es e o enderezo informa@igape.es.

Event Schedule Details

  • 25 Abril 2022
Compartir
Engadir ao Calendario