Obxecto da axuda
Incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o IGAPE, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións:
- A) Accións de difusión.
- B) Accións de promoción.
- C) Accións de prospección en mercados internacionais.
- D) Accións de operatividade da internacionalización.
- E) Costos indirectos.
Organismo convocante
IGAPE
Beneficiarios
- Que cumpran a definición de peme. Dispoñible só para empresas, autónomos ou sociedades con personalidade xurídica propia.
- Que teñan algún centro de traballo radicado en Galicia e que teña polo menos un traballador cando se publique a subvención. Se a empresa ten menos de 42 meses de antigüidade (empresas creadas a partir de xuno do ano 2020 aproximadamente), non será necesario cumprir o requisito do traballador.
- Que estean dadas de alta en programas avanzados do IGAPE de apoio á internacionalización con informe positivo a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do IGAPE de apoio á internacionalización deberá facerse antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do IGAPE IG192.
- Que estean ao corrente das súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
- Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
Actividades elixibles
Só se poderá presentar unha solicitude por beneficiario.
Son subvencionables os gastos realizados entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de marzo de 2025.
- A) Accións de difusión:
a.1. Campañas de publicidade en prensa, revistas, radio ou televisión no estranxeiro.
- Subvencionables só os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións.
a.2. Campañas ou insercións publicitarias en catálogos físicos ou dixitais e/ou en páxinas web de importadores/distribuidores estranxeiros.
- Subvencionables só os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións.
a.3. Elaboración de catálogos físicos ou virtuais para a súa difusión en mercados estranxeiros.
- Subvencionables gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión de catálogos.
Gastos subvencionables:
- Non se subvencionan gastos de deseño, elaboración de anuncios, axencia, etc.
- Máximo de gastos subvencionables para todas as accións de difusión: 20.000 € por solicitude.
- B) Accións de promoción:
b.1. Participación como expositor en feiras comerciais internacionais ou eventos expositivos internacionais non vinculados á empresa solicitante.
- Non subvencionables as visitas a feiras ou eventos.
Gastos subvencionables (accións presenciais):
- Gastos de viaxe.
- Aloxamento no destino final.
- Gastos de aluguer de espazos e/ou stand, servizos relacionados.
o Máximo subvencionable por evento: 40.000 €.
o Máximo dúas entradas por evento (1.500 € máximo)
Gastos subvencionables (accións dixitais):
- Subvencionados gastos de aluguer de stand dixital e servizos relacionados.
- Límite máximo de gasto: 1.500 € por evento.
b.2. Visitas promocionais á sede da empresa en Galicia de clientes.
- Gastos subvencionables: viaxe, aloxamento, intérpretes.
- Límite máximo de gasto subvencionable: 5.000 € por persoa solicitante.
- C) Accións de prospección en mercados internacionais:
c.1. Axendas de reunións presenciais.
- Gastos subvencionables: servizos de consultoría.
- Límite máximo de gasto: 2.000 € por solicitude.
c.2. Análise de competencia no estranxeiro.
- Gastos subvencionables: servizos de consultoría.
- Límite máximo de gasto: 3.000 € por solicitude.
c.3. Accións de seguimento de contactos ou clientes existentes no estranxeiro.
- Gastos subvencionables: servizos de consultoría, aluguer de locais promocionais.
- Límites máximos de gasto: 2.000 € e 14.500 € respectivamente.
- D) Accións de operatividade da internacionalización:
- Gastos subvencionables: asistencia xurídica, técnica, servizos de tradución.
- Límite máximo de gasto: 14.500 € por solicitude.
- Non se permiten renovacións de rexistros de marcas, certificacións ou patentes.
Custos indirectos:
- Inclúen gastos administrativos, subministros, seguros, mantemento, limpeza.
- Permítese unha solicitude por beneficiario con varias accións das letras a-d.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
O tipo de axuda é de concorrencia competitiva e en Réxime de Mínimis.
A cantidade da axuda será dunha subvención do 70% dos custos directos subvencionables. Ademais, engádese a subvención dos custos indirectos do proxecto, correspondente a un tipo fixo do 7% sobre os custos directos subvencionables.
Para as accións incluídas nesta convocatoria, a subvención máxima será de 95.000 € por solicitude e persoa beneficiaria.
Presentación de solicitudes
Dende o 4 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2023