O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) colabora na organización do hackathon Hack Startup Village no marco do proxecto AgrifoodX5.0, no que participa o Clúster. O evento consiste nun hackathon online, a nivel europeo, que tenrá lugar entre os días 21 e 23 de outubro, e conta con apoio da Comisión Europea. Ademais, a Comisaria Europea de Innovación, Investigación, Educación, Xuventude e Cultura Maryia Gabriel, participará na apertura do evento.
Hack Startup Village será un lugar de encontro para resolver desafíos concretos plantexados por empresas agroalimentarias ou outros actores relacionados co sector agroalimentario. Desde Clusaga gustaríanos que os nosos asociados participen en identificar e propoñer desafíos concretos que estean afrontando, e que requiran unha solución innovadora. Estes desafíos presentaranse ante os participantes do hackathon para que traballen en equipos de cara a propoñer solucións aos desafíos plantexados.
Para propoñer un desafío concreto que a túa organización estea afrontando, só tes que encher este breve formulario e enviarllo a Clusaga, ao enderezo industria@clusaga.org. O teu desafío debe estar aliñado coas seguintes prioridades xerais:
Encontrarás toda a información no formulario facilitado.
¡Todavía estás a tempo de participar coma promotor! Envía o teu desafío ata o próximo luns. Se ademais de participar coma promotor dun desafío tes interese en formar parte do Hackathon coma mentor, covidámoste a facelo. Deste modo, poderás estar directamente en contacto e colaborar co equipo de traballo que seleccione o teu desafío no hackathon.
Para máis información, podes consultar o programa completo. Se necesitas algunha aclaración ou queres solicitar axuda coa preparación do formulario de presentación de desafío, podes contactar con Clusaga no correo industria@clusaga.org ou no teléfono 881 023 853.