Obxecto da axuda
Esta dirixida a PYMES innovadoras e ten como obxectivo permitir a aparición de novas cadeas de valor interrexionais e intersectoriais a través da transición dixital e verde e da Industria 5.0.
Organismo convocante
HIGHFIVE: enHancing dIgital and Green growtH in the Food processing industry via Interregional innoVation invEstments – Desde Galicia participan Clusaga e ITG.
Beneficiarios
Son elixibles:
- PYMES procesadoras de alimentos
- PYME proveedoras de tecnoloxía e solucións dixitais das rexións cubertas polo consorcio HIGHFIVE.
Actividades elixibles
Ámbito dos proxectos de innovación: contribúe ás actividades que demostran unha solución, produto, proceso, servizo ou tecnoloxía dixital xa desenvolvida e probada (TRL 6-9) nun entorno operativo real da industria do procesamento de alimentos. En resumo, implementación da solución, produto, proceso, servizo ou tecnoloxía dixital probada nun entorno real.
Os proxectos presentados nesta convocatoria deben abordar unha ou máis prioridades dixitais, tales como:
- Sensores para monitorizar parámetros críticos de control en tempo real
- Integración e implementación de sensores Xestión intelixente de datos
- Conectividade en empresas alimentarias e na cadea de valor alimentaria
Gastos elixibles
- A cantidade máxima a outorgar para cada PYME non pode superar os 60.000 € en total.
- As PYMES/consorcios interesados poden presentar un (1) Proxecto de Innovación por Convocatoria Aberta.
- As PYMES que se presenten como consorcio beneficiaranse dunha contribución financeira de ata 60.000 € por PYME.
- O límite de 60.000 € inclúe os custos de participación dos actores de innovación (universidades, centros de investigación, laboratorios vivos, grandes empresas, etc.) que as PYMES presentan na súa solicitude.
- Cada PYME/consorcio interesado pode solicitar a 1ª ou 2ª Convocatoria Aberta.
- Só se considerarán elixibles os custos xerados durante a duración do proxecto. Os custos elixibles son:
- Custos directos de persoal (máximo 80 % do orzamento total do proxecto): horas de traballo do persoal do beneficiario/beneficiarios dedicados ao traballo real baixo o proxecto. Experiencia externa (custos de subcontratación): traballo realizado por un proveedor que asinou un acordo sobre condicións comerciais co beneficiario.
- Outros custos directos: poden reclamarse outros custos directos incurridos, como viaxes, consumibles, equipos (só custos de depreciación), etc.
Tipo, cantidade e intensidade da axuda
- Tipo de axuda: Contribución financeira solicitada en forma dunha suma global.
- Cantidade: máx. 60.000 € por pyme, máx. 120.000 € por proxecto
- Intensidade da axuda: Disponse dun orzamento de 514.600 euros para financiar a 8-9 pymes. Máx. 12 meses
Presentación de solicitudes
- Data límite para solicitudes: 16 de xaneiro de 2024 e peche o 28 de marzo de 2024 ás 17:00 CET
- Información adicional: o contacto rexional de Galicia é Clusaga. A persoa encargada é Noelia Dosil – industria@clusaga.org