I Webinar I4.0: Solucións avanzadas de automatización fronte á COVID-19

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) pon en marcha o ciclo de webinars  I4.0 sobre tecnoloxía, sistemas dixitais e casos de éxito de implantación de solucións industria 4.0 para o sector alimentario, con periodicidade quincenal.

A primeira sesión online deste ciclo de webinars, que terá lugar o mércores 6 de maio ás 10 horas, organizouse en colaboración con Syspro Automation, empresa socia de Clusaga, baixo o título “Soluciones avanzadas de automatización fronte á COVID-19”.

Nela achegarase información sobre os sistemas tecnolóxicos de control e conexión remota aos equipos de planta de maneira que se reduza a necesidade de persoal nas liñas produtivas. Este tipo de sistemas son unha solución óptima para evitar riscos na situación pandémica actual, pero non exclusivamente xa que a conectividade remota das liñas de produción é un dos pillar funcionais da industria 4.0.

Luis Santiago Álvarez, director comercial de Syspro Automation será o encargado de impartir este webinar no que explicará como evolucionar dunha planta escasamente automatizada a unha planta con alta automatización e dixitalización con conectividade remota.

O custo do webinar para empresas non socias de Clusaga é de 10€+IVE.

Event Schedule Details

  • 6 Maio 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario