Convocatoria do programa de subvencións ICEX Next de Iniciación e Consolidación da Exportación

Obxecto da axuda

O programa ICEX Next axuda a desenvolver ou contrastar a estratexia de internacionalización da empresa, analizando os mellores destinos para o produto ou servizo e prestando apoio cun Plan Estratéxico de Negocio Internacional Offline e Online, enfocado ós mercados exteriores seleccionados. Todo isto a través dun Asesoramento Especializado por parte de consultores e asesores nacionais e internacionais homologados por ICEX, durante un proceso de 24 meses, e co apoio dunha Subvención Económica dotada dunha cuantía de ata 24.000 euros.

Organismo convocante

ICEX

Beneficiarios

PEMEs e persoas físicas que desenvolvan actividade económica cun produto/servizo propio e marca propia e facturación superior ós 300.000€

Actividades elixibles

As actividades elixibles nesta subvención son as relativas ó estudio, implantación e desenvolvemento de estratexias de internacionalización da empresa.

Gastos elixibles

  • Asesoramento personalizado, prestado por asesores e consultores ICEX-Next para o deseño/contraste/revisión da estratexia internacional e propostas de implementación, así como asesoramento en áreas que faciliten a mellora da competitividade exterior.
  • Gastos de prospección e estudos referidos a mercados internacionais
  • Gastos de promoción internacional, incluíndo tamén os relativos a patentes e certificacións
  • Gastos de desenvolvemento de rede comercial no exterior
  • Gastos de solucións tecnolóxicas que faciliten a operativa exterior
  • Custos de persoal interno adicado a tarefas do proxecto de internacionalización

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

Subvención e entrega diñeiraria sen contraprestación.

A cuantía da subvención por empresa beneficiaria será o 60% dos gastos subvencionados ata un máximo de 24.000,00€ por empresa.

De ter recibido axudas suxeitas ó Reglamento de Minimis e que superen o umbral máximo, de concederlle a axuda máxima total de 24.000,00€, reducirase o importa na cuantía necesaria para non alcanzar o umbral, sempre que a axuda resultante supere os 10.000,00€.

Presentación de solicitudes

Existen dous períodos de solicitude:

  • Período 1: activo entre o 24 de setembro de 2024 e o 15 de outubro de 2024 ás 17:00h
  • Período 2: activo do 25 de novembro de 2024 ó 17 de decembro de 2024 ás 17:00h

As solicitudes preséntanse electronicamente a través do formulario de Solicitude de Axuda do Programa ICEX Next que se atopa no Portal ICEX Next

Event Schedule Details

  • 17 Decembro 2024
Compartir
Engadir ao Calendario