IG300C – Axudas á transformación dixital das pemes, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027

Obxecto da axuda

Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Organismo convocante

Convocadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Beneficiarios

Pequenas e medianas empresas (pemes).

Para poder solicitar as axudas ás tipoloxías de proxectos colectivos descritas máis adiante, as persoas interesadas deberán previamente constituír unha agrupación que debe estar formada por, polo menos, dúas pemes con centro de traballo en Galicia. Deberán constar expresamente nun documento os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias.

Actividades elixibles

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

Proxectos individuais nos que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

  • Desenvolvemento de interfaces dixitais para as súas interaccións de negocio ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.
  • Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, big data e similares), e melloras en ciberseguridade.
  • Implementación de sistemas de dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral, tales como ERP, CRM e similares.
  • Mellora da función loxística da empresa, a través da implantación de solucións dixitais, en dixitalización e automatización, procesos e aplicacións e aplicación de realidade virtual e/ou aumentada nos procesos loxísticos.

Proxectos colectivos nos que un grupo de empresas, opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador, aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

  • Implantación dun sistema dixital común para mellorar as interaccións dixitais entre elas.
  • Sistemas colectivos de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, big data e similares).
  • Implantación dun sistema de dixitalización de procesos ou de xestión integral, deseñado especificamente para o ámbito de actividade das empresas que participen no proxecto colectivo.
  • Implantación dun sistema común para mellorar a función loxística.

Gastos elixibles

  • Investimentos materiais e/ou inmateriais novas adquiridas en propiedade que sexan necesarias para o desenvolvemento do proxecto.
  • Servizos de consultoría externa de carácter tecnolóxico ou organizativo: asistencia técnica e consultoría directamente relacionada coa execución do proxecto.
  • Nos proxectos colectivos, se se opta por contar cun organismo intermedio, este poderá facturar ás pemes participantes en concepto de gastos de coordinación do proxecto, ata un máximo de 1.500 € (IVE excluído) por cada peme beneficiaria participante no proxecto ata un importe total máximo de 6.000 € por proxecto (IVE excluído). Ese importe considerarase gasto subvencionable de consultoría externa e dividirase entre todas as pemes participantes.
  • Nos proxectos individuais que sexan coordinados por un hub de innovación dixital, cun importe subvencionable igual ou superior a 60.000 €, será subvencionable, ata un máximo de 6.000 €, o servizo de consultoría desenvolvido polo hub en concepto de coordinación, apoio á definición do proxecto, apoio na selección de tecnoloxías e provedores e seguimento da implementación do proxecto.
  • Para aqueles proxectos nos que as colaboracións externas ou ben a adquisición de activos inmateriais superen os 30.000 € ou a suma de investimentos e colaboracións supere os 45.000 €, será subvencionable o informe dun enxeñeiro colexiado cualificado, ata un importe máximo de 2.000 €. Ese importe considerarase gasto subvencionable de consultoría externa.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

  • Tipo: concorrencia competitiva.
  • Contía:
  • Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable menor de 50.000 €.
  • Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000 € e 120.000 €.
  • Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000 €.

O importe subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 € para os proxectos individuais e de 10.000 € por participante para os proxectos colectivos.

  • Intensidade de axuda: A subvención será do 35 % dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 25 % para as medianas.
    A subvención será do 50 % dos gastos en servizos de consultoría subvencionables para ambas as categorías de empresa, pequenas e medianas.

Presentación de solicitudes

O prazo de solicitudes remata o 21 de febreiro de 2025 ás 14:00 h a través de https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Event Schedule Details

  • 21 Febreiro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario