Dentro do ciclo de webinars I4.0, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o mércores, 20 de maio, ás 10 horas a sesión “Smart Data Management” na que se abordará desde unha punto de vista práctico as oportunidades que ofrece a xestión dos datos nos procesos de fabricación alimentaria.
Os datos son só os feitos e as cifras que se miden. Pero ordenándoos, analizándoos e engadíndolles contexto, estes datos poden transformarse en información de gran interese. Entendendo os patróns desta información, pódese obter o coñecemento de cómo están a funcionar as cousas e porqué suceden e, así, anticiparmos ao que suceda.
Miguel López, director de I+D de ASM Soft, empresa socia de Clusaga, explicará neste webinar como usar os datos obtidos nos procesos de fabricación alimentaria para a toma de decisións de mellora nas áreas de produtividade e mantemento.
ASM Soft é unha empresa con máis de 30 anos de experiencia no desenvolvemento de proxectos de software en múltiples sectores. Ofrece solucións de xestión de negocio (ERP), solucións de xestión de operacións (MES) e solucións de xestión de laboratorio (LIMS).