O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), organiza o mércores 17 de xuño ás 9.30 horas, en colaboración con Seresco e Data Monitoring, a sesión “Internet das cousas (IoT) no sector alimentario” dentro do ciclo de webinars I4.0.
Os fabricantes que traballan na revolución da internet das cousas (IoT) afirman que están a cultivar grandes beneficios ao abrir os fluxos de información entre os sistemas da planta e as aplicacións de negocio. O resultado que obteñen tradúcese en ter como un “motor de decisión de toda a empresa”, que lles permite acelerar os novos produtos ao mercado e executar axustes na cadea de subministración máis rápida que antes.
Neste webinar, Juan José García, responsable de produtos de servizos de transformación digital de Seresco, presentará Datafood 4.0, unha ferramenta na nube que permite a automatización de datos mediante un sistema de recollida en continuo de sinais e medicións, para unha visualización integrada e análise posterior da información obtida. Esta ferramenta demostrou ser unha solución idónea para garantir a seguridade alimentaria, mellorando a calidade do produto e utilizando procesos baseados en modelos predictivos.
Pola súa banda, Gonzalo Abuín, CEO de Data Monitoring, explicará DataLact, unha solución Iot para a dixitalización de granxas lácteas extendible ao longo da cadea de valor.
A través deste webinar, poderanse coñecer dous exemplos de implementaciones IoT que están a axudar ás industrias alimentarias.