Webinar: Implicacións fiscais, penais e laborais da crise da COVID-19 na desescalada

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza, en colaboración Garrigues, firma internacional de servizos legais e tributarios que asesora en dereito empresarial nos principais escenarios económicos do mercado global, o xoves, 14 de maio, ás 9.30 horas o webinar “Implicacións fiscais, penais e laborais da crise da COVID-19 na desescalada”.

Carlos García, socio responsable do departamento de Dereito Laboral de Garrigues, Borja Ríos, asociado principal do departamento de Laboral de Garrigues, José Fernández, asociado principal do departamento de Litigación e Arbitraxe de Garrigues, e Nicolás Santos, socio do departamento de Dereito Tributario de Garrigues, analizarán, desde un punto de vista práctico, as distintas ferramentas con cóntanas as empresas á hora de facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19 en materia laboral, fiscal e penal. Entre outros, tratarán os seguintes temas:

  • Pódese prolongar a aplicación dos expedientes de forza maior?
  • ERTEs baseados en causas económicas, técnicas, organizativas e produtivas.
  • A garantía de mantemento do emprego tras a aplicación dun ERTE.
  • Medidas de flexibilidade e conciliación da vida familiar.
  • ERTEs de carácter extintivo.
  • Moratoria e aprazamento no pago das cotizacións á seguridade social.
  • Prevención de riscos desde a perspectiva laboral e penal.
  • Implicacións fiscais da aplicación dun ERTE.

Event Schedule Details

  • 14 Maio 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario