Impulsando a innovación no sector lácteo galego mediante a colaboración universidade-empresa

A Comisión de Innovación do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) ten, entre outros, o obxectivo de fomentar colaboracións no ecosistema galego de innovación agroalimentaria. Por este motivo, o vindeiro 1 de febreiro ás 10.00 horas, organiza a xornadaImpulsando a innovación no sector lácteo galego”, en colaboración co Campus Terra (Lugo) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

As empresas participantes nesta xornada, dirixida ao sector primario –principalmente leiteiro– e á industria láctea, terán oportunidade de coñecer de primeira man as capacidades do Campus Terra.

A sede lucense da USC é un campus de especialización que nace coa intención de ser un referente científico e social nos ámbitos de coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e medioambiental do uso da terra.

A xornada, que terá lugar no Edifico CACTUS da USC (Lugo), inclúe breves presentacións para pór en común as fortalezas e capacidades de investigación do Campus, así como os intereses e prioridades das empresas.

Tamén se expoñerán os programas de financiamento dispoñibles para incentivar a colaboración universidade-empresa. Alén, realizarase un obradoiro colaborativo para que as empresas e grupos de investigación participantes poidan interactuar e procurar oportunidades concretas de colaboración.

Inscrición

Para participar nesta xornada é preciso rexistrarse a través do formulario que aparece a continuación, que permanecerá aberto ata o 31 de xaneiro ás 15.00 horas. Para máis información sobre este evento, pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no correo industria@clusaga.org ou no teléfono 881 023 853.

Detalles da programación de eventos

  • 1 Febreiro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario