Obxecto da axuda
Subvencións para impulsar proxectos de I+D+i en Galicia, incluíndo investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en procesos ou organización, en empresas do ámbito industrial e en agrupacións empresariais.
Organismo convocante
Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.
Beneficiarios
- Pemes e grandes empresas do ámbito industrial con centro de traballo en Galicia.
- Agrupacións de pemes e grandes empresas para proxectos en colaboración.
- Agrupacións formadas por unha ou varias empresas industriais e un ou varios centros tecnolóxicos.
Actividades elixibles
- Investigación industrial.
- Desenvolvemento experimental.
- Innovación en procesos, mediante a aplicación dun método de produción ou distribución novo ou significativamente mellorado.
- Innovación organizativa, mediante a aplicación de novos métodos de organización do traballo, de xestión do coñecemento ou das relacións externas.
Gastos elixibles
- Custos de persoal propio e de nova contratación. No caso de persoal propio, ata o 80 % do custo subvencionable do proxecto. En proxectos en agrupación, ata o 80 % do orzamento de cada entidade.
- Custos de equipamento e material instrumental.
- Custos de material, subministracións e produtos similares.
- Adquisición de patentes.
- Subcontratación, incluíndo servizos tecnolóxicos externos, ata un máximo do 65 %.
- Informe de auditoría, cun máximo de 1.500 € por entidade beneficiaria e anualidade.
- Custos asociados ao principio DNSH, cun máximo de 2.000 €, achegados unicamente pola entidade líder do proxecto.
- Contratación externa do plan de comunicación e difusión do proxecto, cun máximo de 5.000 € por entidade beneficiaria para toda a duración do proxecto.
- Custos indirectos, calculados como un 15 % dos custos de persoal.
Tipo, cuantía e intensidade da axuda
Orzamento da convocatoria: 30.000.000 €.
Proxectos individuais
- Investigación industrial: 60 % para pequenas e medianas empresas e 50 % para grandes empresas.
- Desenvolvemento experimental: 45 % para pequenas empresas, 35 % para medianas e 25 % para grandes empresas.
- Innovación en procesos ou organización: 50 % para pemes.
Proxectos en colaboración
- Investigación industrial: 60 % para pequenas e medianas empresas e 50 % para grandes empresas.
- Desenvolvemento experimental: 60 % para pequenas empresas, 50 % para medianas e 40 % para grandes empresas.
- Innovación en procesos ou organización: 50 % para pemes e 15 % para grandes empresas, cando exista colaboración efectiva e a participación de pemes sexa como mínimo do 30 %.
Orzamento do proxecto
- Investimento mínimo subvencionable: 2.000.000 €.
- Investimento máximo subvencionable: 25.000.000 €.
- Participación mínima por membro da agrupación: 200.000 €.
Presentación de solicitudes
Prazo: do 17/01/2026 ao 17/03/2026.