Infoday: II convocatoria S3FOOD

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o mércores 16 de decembro, de 10 a 11 horas, unha xornada online para presentar as oportunidades de financiamento que ofrece a segunda convocatoria de axudas do proxecto europeo S3FOOD.

Esta segunda convocatoria de axudas económicas, para proxectos de dixitalización no sector agroalimentario,”contará cun valor total de 1.317.867,50€ repartidos en tres tipos de vouchers (cheques): de exploración, de validación e de aplicación. O prazo de solicitude estará aberto desde o 9 de decembro até o 10 de marzo 2021 ás 17 horas CET.

Este “Infoday: II convocatoria S3FOOD” contará, ademais, coa participación das empresas socias de Clusaga que resultaron seleccionadas na anterior edición destas axudas. Glaücor Enxeñaría explicará a súa experiencia sendo partícipe da axuda evaluation voucher (cheque de avaliación) mentres que Larpro e TripleAlpha contarán a súa participación na axuda validation voucher (cheque de validación).

O infoday ofrece a oportunidade de realizar reunións bilaterais, dun máximo 10 minutos, ao final da sesión co equipo de Clusaga para analizar posibles propostas á convocatoria. Para poder participar nun destes encontros, os interesados deben enviar un email a s3food@clusaga.org indicando no asunto “Solicitude de reunión” e presentando de maneira breve a idea do proxecto e os datos de contacto.

As persoas interesadas en participar nesta sesión online deben rexistrarse a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación.

Sobre S3FOOD

S3FOOD ten como obxectivo facilitar a dixitalización da industria transformadora de alimentos impulsando a incorporación de sensores intelixentes nos seus procesos de produción E a xeración de datos dixitais e o seu ulterior tratamento e explotación mediante o uso de big data. Este proxecto europeo do que Clusaga forma parte xunto a 12 partners do resto de Europa ofrece ás pemes, ademais, de axudas económicas outros servizos como coaching, formación e materiais de aprendizaxe, matchmaking ou ferramentas interactivas.

Event Schedule Details

  • 16 Decembro 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario