Infraestructuras locais 2025

Obxecto da axuda

Apoiar a posta en marcha de proxectos de infraestruturas locais de uso compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento do entorno das empresas e os consumidores e a modernización e desenvolvemento da base industrial, co fin de mellorar a súa competitividade.

Organismo convocante

Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as sociedades mercantís con centro de actividade en Galicia, coa forma xurídica de Sociedade Limitada ou Sociedade Anónima que excedan a definición de peme.

Actividades elixibles

Serán subvencionables os proxectos de creación de infraestruturas en Galicia que contribúan a nivel local a mellorar o entorno das empresas e os consumidores e a modernizar e desenvolver a base industrial, e que cumplan os seguintes requisitos:

a) Estarán a disposición dos usuarios interesados dunha forma aberta, transparente e non discriminatoria.

b) Deberán permitir a utilización por parte dos seus destinatarios mediante unha estrutura de servizos tarificables en función do uso ou consumo que se realice.

c) A concesión ou outro tipo de atribución a terceiros para explotar as infraestruturas realizarase sobre unha base aberta, transparente e non discriminatoria.

d) Deberán prestar servizos que non estean dispoñibles localmente no momento da solicitude, ou servizos cuxa oferta local non se axuste ás necesidades das empresas.

Gastos elixibles

  • Obra civil: acondicionamento e urbanización, oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos rematados e outras obras vinculadas ao proxecto, levadas a cabo en terreos propiedade do solicitante, ou sobre os que o solicitante teña un dereito de superficie, concesión administrativa ou dereito de explotación similar cunha vixencia mínima de 5 anos, contados dende a data de posta en marcha da infraestrutura.
  • Adquisición de edificacións ou construcións por un importe que non exceda do 10% da inversión total subvencionable.
  • Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipación.
  • Outras inversións en activos fixos materiais incluíndo mobiliario.
  • Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo (ou co de prestación de servizos, si é o caso).
  • Os custos de reformas de instalacións levadas a cabo en bens inmobles arrendados

Tipo, contía e intensidade da axuda

  • Tipo: Subvención e entrega dineraria sen contraprestación, en réxime de concorrencia competitiva.
  • Contía e intensidade: O importe da axuda será do 60 % aplicado ao montante dos investimentos subvencionables menos o beneficio de explotación calculado ao longo do período de explotación do negocio, co límite absoluto de 2.500.000 €.

Presentación de solicitudes

Para presentar a solicitude, a persoa representante da sociedade, deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida na dirección da internet https://spiga-sede.igape.es ata o 1 de outubro ás 14h.

Event Schedule Details

  • 1 Outubro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp