Innovación e Economía Circular para a creación de produtos alimentarios saudables

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e CETMAR organizan a xornada online “Innovación e Economía Circular para a creación de produtos alimentarios saudables” o 15 de xuño de 11.00 a 13.00 horas.

Nesta xornada mostrarase como a través da innovación, implementando novos modelos de produción baseados nos principios da economía circular, é posible desenvolver novos produtos alimentarios saudables e de alto valor engadido.

Resultados dos proxectos AHFES e SEAFOOD-AGE

A través dos resultados do proxecto AHFES, liderado por Clusaga, exporanse as tendencias de mercado máis recentes para unha alimentación saudable na rexión atlántica europea. Ademais, presentarase o produto alimenticio deseñado no marco do proxecto SEAFOOD-AGE, no que participa CETMAR, elaborado a partir de subprodutos da pesca e enriquecido para satisfacer as necesidades nutricionais dos consumidores senior, contribuíndo así a un envellecemento saudable.

Inscrición

Para participar é necesario inscribirse previamente a través do botón que aparece a continuación. O enlace ao webinar será enviado ao correo facilitado no formulario o 14 de xuño ás 14.30 horas.

Detalles da programación de eventos

  • 15 Xuño 2022
Compartir
Engadir ao Calendario